04, xuño, 2018. Na comarca de Lugo crearanse 43 novos empregos grazas ao esforzo da Xunta de Galicia. Así o destacan os populares dos Concellos de Friol, Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo, Guntín, Rábade e Lugo, quenes poñen en valor que a iniciativa do Gobergo galego é posible grazas ás contratacións contempladas ao abeiro da RISGA, do programa Aprol do Rural e ás axudas para socorristas.
Concretamente, a través destes tres programas a administración autonómica inviste máis de 325.000 euros e pon a disposición das entidades locais a oportunidade de dotarse de máis medios persoais para prestar unha mellor atención aos veciños. Trátase, por tanto, indican, “dunhas medidas que valoramos positivamente, pois a parte de dar unha oportunidade aos nosos veciños que están no paro para que atopen un traballo, podemos dar novos servizos aos mesmos”.
Os populares fan esta valoración porque con estas contratacións, as entidades locais poderán prestar unha mellor atención nas piscinas municipais ou manter os espazos públicos e as zonas forestais en mellores condicións, xa que, na maior parte, os contratos son para realizar os traballos correspondentes aos mantemento e limpeza dos mesmos e a tarefas silvícolas.
A selección corre a cargo dos Concellos e o tempo de duración das contratacións vai dende os 2 meses no caso dos socorritas, ata os 7 meses na RISGA e os 9 meses no programa Aprol Rural.
As cifras ao detallade
Os importes que recibiron os Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:
RISGA: 164.981,25 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
FRIOL |
1 PEÓN |
9.416,68 EUROS |
LUGO |
20 ENCARGADOS |
142.538,97 EUROS |
OUTEIRO DE REI |
2 PEÓNS |
13.025,60 EUROS |
APROL DO RURAL: 134.823,6 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
FRIOL |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
CASTROVERDE |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
O CORGO |
2 OFICIAIS |
22.500 EUROS |
OUTEIRO DE REI |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.323,60 EUROS |
GUNTÍN |
2 PEÓNS FORESTAIS
|
22.500 EUROS |
RÁBADE |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
SOCORRISTAS: 25.594,36 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
GUNTÍN |
1 |
3.593,10 EUROS |
LUGO |
5 |
15.000 EUROS |
OUTEIRO DE REI |
1 |
3.600 EUROS |
RÁBADE |
1 |
3.401,26 EUROS |