01, xuño, 2018. O PP da Zona Sur pon en valor que a Xunta de Galicia cree 61 novos empregos na comarca grazas ás contratacións contempladas ao abeiro do RISGA, do programa Aprol do Rural e ás axudas para socorristas. Deste xeito, o Goberno galego no só contribúe a reducir o desemprego nos Concellos desta zona, senón que realiza un importante esforzo inversor ao destinar preto de 600.000 euros á contratación destes traballadores, cuxa selección corre a cargo dos Concellos.
Os populares desta comarca, concretamente dos municipios de Carballedo, Chantada, Monforte, Pantón, Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil agradecen publicamente o apoio da administración autonómica, pois “permite crear emprego, chegando nalgúns casos a que se poidan facer contratos de nove meses de duración, como é o caso dos contemplados no marco do programa Aprol Rural”. Polo que respecta ás contratación do RISGA, a duración é de 7 meses e, no caso do servizo de salvamento, de 2 meses.
Para os representantes do PP estas axudas supoñen “unha inxección ecónomica moi importante e un balón de osíxeno para que dende os Concellos se poida dar unha oportunidade laboral aos novos veciños”. Por este motivo, destacan a importancia de que unha administración como a Xunta “poña á disposición dos mesmos esta oportunidade, xa que todo o que se faga por reducir o desemprego sempre debe de ser valorado”, remarcan.
As cifras ao detallade
Os importes que recibiron os Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:
RISGA: 285.617,85 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
CARBALLEDO |
2 PEÓNS |
18.706,10 EUROS |
CHANTADA |
5 PEÓNS |
46.977,35 EUROS |
MONFORTE |
10 PEÓNS |
116.862,90 EUROS |
PANTÓN |
1 LIMIPIADOR |
7.587,79 EUROS |
POBRA DO BROLLÓN |
2 PEÓNS |
14.473,20 EUROS |
O SAVIÑAO |
5 PEÓNS |
43.428,63 EUROS |
SOBER |
2 PEÓNS |
18.790,94 EUROS |
TABOADA |
2 PEÓNS |
18.790,94 EUROS |
APROL DO RURAL: 273.066,46 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
O SAVIÑAO |
4 PEÓNS FORESTAIS |
45.000 EUROS |
TABOADA |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
MONFORTE |
4 PEÓNS MEDIOAMBIENTAIS |
45.000 EUROS |
QUIROGA |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
FOLGOSO DO COUREL |
2 PEÓNS FORESTAIS
|
22.500 EUROS |
POBRA DE BROLLON |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
SOBER |
2 PEÓNS LIMPEZA |
20.816,46 EUROS |
PANTON |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
CHANTADA |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
CARBALLEDO |
2 PEÓNS FORESTAIS |
27.750 EUROS |
RIBAS DE SIL |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.500 EUROS |
SOCORRISTAS: 17.441,22 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
CARBALLEDO |
1 |
2.689,28 EUROS |
CHANTADA |
1 |
3.083,36 EUROS |
PANTÓN |
1 |
2.539,34 EUROS |
QUIROGA |
1 |
3.000 EUROS |
O SAVIÑAO |
1 |
3.128,64 EUROS |
SOBER |
1 |
3.000 EUROS |