Partido Popular de Lugo

O PP de Burela amosa o seu apoio a AFAN nas demandas trasladadas á Consellería de Política Social

BURELA, 18 de maio de 2018.- O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela apoia as demandas de AFAN, e que foron trasladadas ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, nunha visita realizada recentemente a esta vila mariñana.

 

Concretamente, os populares, a través da súa concelleira, Diana Durán, amosan o seu apoio á directiva desta asociación no que se refire a blindar a continuidade do funcionamento da Unidade de Respiro Familiar que xestiona AFAN, e que presta os seus servizos a un total de dez persoas afectadas de Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas da Mariña central e oriental; ao mantemento do persoal; á posibilidade de mellora e ampliación en canto ao espazo das instalacións se refire; ao asesoramento sociopsicolóxico aos familiares das persoas enfermas e, non menos importante, á encomiable labor de concienciación que a asociación está a desenvolver nos centros educativos da costa lucense, a cal debe de estenderse aos institutos e colexios da Mariña.

 

Dende o PP consideran que, “a mellora da calidade de vida e a defensa dos dereitos das persoas dependentes, son obxectivos fundamentais, tal e como demostrou o Goberno galego coa presenza do conselleiro”.

 

Neste senso, manifestan que as liñas de colaboración da Xunta de Galicia “afianzan no tempo” este servizo de prevención e estimulación terapéutica onde estas persoas con patoloxías asociadas a demencias continúen a recibir atención integral, fisioterapia, apoio psicolóxico, musicoterapia, … servindo tamén de respiro aos familiares coidadores, aos que tamén se lles da asesoramento naquelas cuestións que precisan, como é a forma de afrontar as demencias nos seus familiares.

 

Este é un novo paso na mediación que está a facer o Grupo Municipal do PP de Burela con distintas asociacións e colectivos sociais, empresariais e comerciais da vila, apoiándose nas visitas regulares de Deputados, tanto autonómicos coma nacionais, Daniel Vega e Jaime de Olano.