11, maio, 2018. A necesidade de acadar un pacto social e político pola Educación foi unha das conclusións que se extraen das intervencións dos ponentes na xornada organizada pola Comisión Provincial de Educación, e que se desenvolveu este venres no Hotel Méndez Núñez.
Precisamente, o titular autonómico nesta materia, Román Rodríguez, expuxo que a “Educación é e debe ser un elemento diferenciador, pois, tal e como dixo o presidente da Xunta de Galicia na Convención Nacional de Educación, o que diferencia a unha persoa doutra non é o que ten, senón o que sabe”; constituíndose, por tanto, como “o mellor dos investimentos de futuro”.
A este respecto, matizou que estamos ante “a maior oportunidade histórica nestes 40 anos da democracia para conseguir este Pacto”, tal e como tamén explicaron os outros dous intervintes: o voceiro de Educación no Parlamento de Galicia, César Fernández Gil, e o exdeputado na Cámara Galega, Víctor Vázquez Portomeñe.
A este respecto, criticaron aos que poñen en tela de xuízo este acordo estatal, como poden ser PSOE, Unidos Podemos, ERC, ou mesmo o PNV. Para os tres conferenciantes non se entende que uns que se “descabalgan” das negociacións impidan que España e Galicia poidan lograr este desexado Pacto que outorgue a estabilidade necesaria ao sistema educativo.
A este respecto, aludiron a como nos últimos días determinadas forzas sindicais e partidos saían á rúa pedindo melloras, cando son estas mesmas organizacións as que se negan a calquera mellora do sistema, xa que, do contrario, non terían abandonado a subcomisión para o Pacto Educativo.
Deste xeito, avogaron, como tamén o fixo a presidenta Provincial, durante a clausura, a abandonar a confrontación e voltar ao diálogo, pois a calidade e equidade do sistema é, segundo apuntou Candia, “a Educación en maiúsculas”; o e que, en palabras do conselleiro, “son resultado de anos de xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos, e que están a permitir que hoxe teñamos un investimento por alumnos dos maiores do Estado, con 8.140 euros”.
Precisamente, nesta liña, o exdeputado Portomeñe sinalou que en Galicia “fomos construíndo un modelo de calidade, equitativo e garante da igualdade de oportunidades”; un camiño que se continúa coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, onde se acordou garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida.
A Educación na provincia
Como resultado deste traballo, o conselleiro destacou que, na provincia de Lugo, tamén se levou a cabo un investimento importante na mellora de centros de educativos, e que se resumen nos seguintes datos:
-
CENTROS EDUCATIVOS NON UNIVERSITARIOS LUGO
-
52 (7 centros Edixgal e 8 plurilingües)
-
Investimento 2009-2018: 16,87 M€
-
Actuacións máis importantes:
-
Reforma e ampliación do CIFP As Mercedes. 5,8 M€. Obra rematada en setembro 2017.
-
Ampliación CEIP As Mercedes. Rematada: 411.781 €. Visita cursada en decembro.
-
CEIP Rosalía de Castro. Eficiencia enerxética. En uso desde xaneiro de 2017. 430.003 €.
-
-
Ano 2018:
-
Novo CEIP Sagrado Corazón… 4 M€
-
Adxudicado o proxecto de construción en abril.
-
Asinado o contrato de redacción do proxecto o 04/05/2018.
-
Licitación: último trimestre de 2018-primeiro trimestre do 2019.
-
IES Sanxillao… 300.000€
-
Pendente de redactar o proxecto para a ampliación do centro para ciclos de cociña.
-
Licitación: previsible para finais de ano.
-
Obras de eficiencia enerxética 2018 provincia de Lugo:
-
-
-
CEIP Veleiro-Docampo de Castro de Rei -obra licitada en marzo por 374.200 mil €-
-
e CEP Luís Tobío de Viveiro, licitado en marzo, 487.508 €. Prevese executar a obra en verán).
-
-
-
COMEDORES ESCOLARES
-
Este curso é o 1º no que a Xunta asina convenio de colaboración co concello.
-
Preto do 80% dos comensais (total: 1.075) pagan de 0 a 1 € .
-
CAMPUS TERRA E HOSPITAL VETERINARIO
-
Co Campus Terra: Lugo referente no campo da ciencia veterinaria en Galicia, España e Europa. Máis de 2,3 M€ de investimento ata o momento:
-
Elaboración Plan Estratéxico. 120.000€ (2013)
-
Convenio Campus Terra. 1.365.700€ (2015 e 2016)
-
Plan actuación 2017-2019 do Campus Terra
-
820.000€ (2017)
-
Achegas 2018 e 2019, pendentes de concreta
-
-
-
Cebiovet (Centro de Biomedicina e Veterinaria): motor de investigación e innovación no Campus de Lugo no eido da saúde animal. Máis de 3,6 M€.
-
Hospital Veterinario: remodelación das instalacións: preto de 900 mil€. (CCEOU: 375 mil€). Obra rematada en febreiro 2018.
-
OFERTA NOVAS TITULACIÓNS 2018/2019
-
A Escola Politécnica de Lugo comezará a impartir no vindeiro curso 2018/2019 dúas novas titulacións:
-
Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados
-
Primeiro Grao Oficial Interuniversitario de Paisaxe
-
CICLOS FORMATIVOS
-
Centros especializados na provincia nas familias de Agraria, Medio Natural e Industria Alimentaria (en Castro de Rei, Mondoñedo, Becerreá e Lugo)
-
2 CIFPS na provincia: o Politécnico das Mercedes en Lugo e o Porta da Auga de Ribadeo.
-
CIFP As Mercedes se está a impartir o primeiro ciclo de Mantemento Aeromecánico de toda Galicia (implantouse no 2016/2017, este é o segundo curso). Este foi dos 6 centros que estiveron presentes con proxectos tecnolóxicos en FP Innova. Os outros 5: CIFP Politécnico de Lugo, IES Sanxillao, IES San Rosendo de Mondoñedo, IES María Sarmiento de Viveiro e IES Lois Peña Novo de Vilalba.
-
IES Val do Asma (Chantada), no que se implantan 3 proxectos de FP Dual: Administración e Finanzas, Axencias de viaxes e xestión de eventos e Desenvolvemento de aplicacións web.
-
IES de Foz: implantan 1 proxecto de FP Dual (dobre titulación): Dirección de servizos de restauración/ Dirección de cociña.
-
IES Sanxillao (Lugo): implanta 1 proxecto FP Dual: Cociña e gastronomía.
-
IES Muralla Romana (Lugo): implanta 1 proxecto de FP Dual: Estética integral e benestar
-
IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo): 1 proxecto de FP Dual: Aproveitamento e conservación do medio natural.
-
IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemo): Educación infantil en ordinario
-
CIFP Porta da Auga (Ribadeo): 1 proxecto de FP Dual: Electromecánica de maquinaria
-
IES Lois Peña Novo (Vilalba): Atención a persoas en situación de dependencia.
Ademais, levaranse a cabo novos convenios entre a CCEOU, Concello de Mondoñedo e a empresa EROM para a implantación do Ciclo Superior de Enerxías Renovables no CIFP As Mercedes de Lugo e co grupo HOTUSA para os 3 ciclos de Chantada e o ciclo de dobre titulación de Foz
En clave autonómica
Galicia ten a taxa de abandono educativo máis baixa de toda a historia: 14,9% (INE); o sistema máis equitativo do Estado, e un dos que máis da OCDE, e o nivel de inclusión de alumnos con NEE máis alto de España: o 91,9% dos alumnos con NEE están integrados en centros ordinarios.
Os últimos datos PISA constatan un avance notorio en Lectura, Matemáticas e Ciencias, por riba da media española e da OCDE e están en marcha 2 relevantes plans para preparar ao alumnado ante os retos do futuro: o dominio de linguas e as destrezas científico-tecnolóxicas, dotados con 70 e 50 millóns, respectivamente.
Outros indicadores destacados é que a Comunidade alberga a ratio profesor/alumno máis baixa de España: 1 profesor cada 10,5 alumnos. (España: 12,7); a maior oferta de emprego público dos últimos anos: 2.050 para este 2018 ou que somos a Comunidade que máis inviste en transporte escolar e con maior número de alumnos beneficiarios.