Partido Popular de Lugo

O PRESIDENTE DO PP DE FONSAGRADA FAI UNHA VALORACIÓN “MOI POSITIVA” DA DECLARACIÓN COMO CITA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO DA FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA

Lugo, 9 de maio de 2018.- O presidente do Partido Popular na Fonsagrada, Jose Luís Regueiro, fixo unha valoración moi positiva do acordo do Consello da Xunta que se celebrou hoxe polo que se declara festa de interese turístico galego a Feira do Butelo da Fonsagrada.

 

Para o presidente popular, este é un paso moi importante, que servirá para multiplicar a promoción e difusión desta cita gastronómica de inverno na que se enxalza un dos embutidos típicos da zona e que mellor identifican a produción agroalimentaria da montaña lucense.

 

Regueiro agradece o respaldo do Goberno galego á festa e, moi en particular, o do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que foi o encargado de dar a coñecer este acordo na rolda de prensa posterior á reunión do Goberno galego.

 

Desde o PP da Fonsagrada indican que a declaración de interese turístico serve tamén para recoñecer e premiar o compromiso e dedicación dos produtores de butelo e da veciñanza do municipio que edición tras edición (este ano celebrouse a vixésimo primeira) fan posible esta exitosa cita.

 

Finalmente o acordo do Goberno galego abre novas vías de apoio á feira xa que logo poderá acceder as axudas que Turismo de Galicia convoca cada ano para a promoción, organización e posta en valor das festas de interese autonómico.