Partido Popular de Lugo

O PP facilita que os afiliados participen activamente na vida política do Partido coa aplicación Populares LugoApp

05,maio, 2018. A presidenta Provincial, Elena Candia, e o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, presentaron este martes a aplicación Populares Lugo App, a través da cal os afiliados recibirán información dos seus concellos, poderán poñerse en contacto cos seus líderes locais e participar en distintas enquisas.

A nova plataforma xa está dispoñible e pode descargarse de forma gratuíta tanto en Google Play para teléfonos Android, como no AppStore para os iOSde Apple. Deste xeito, segundo apuntou Elena Candia, “será unha ferramenta que permitirá intensificar o contacto cos afiliados”.

“Todos sabemos a influencia que teñen hoxe en día os medios on line. Por iso, no PP de Lugo puxemos en marcha esta iniciativa bidireccional que tamén nos permitirá tomar decisións naqueles asuntos que realmente lle preocupan aos cidadáns. Non estar nas redes é un erro, pero hai que facelo de forma responsable, e isto é un paso máis”. A este respecto, a presidenta remarcou que a aplicación “permitirá que os afiliados e, porque non dicilo, os simpatizantes tamén, teñan un comunicación máis directa co Partido e incluso nos axuden a decidir o sentido do voto”, en cuestións como poden ser, dixo, os convenios que a Deputación puxo en marcha para as residencias da terceira idade e que obrigan aos Concellos a aportar unha importante cantidade de diñeiro. É dicir, a ferramenta contribúe a que “non só sigamos traballando para as citas electorais, senón a conectar coa militancia e equivocarnos o menos posible”.

Tal e así que, segundo explicou Fernández Piñeiro, está pensada, fundamentalmente, para que os usuarios poidan transmitir “de maneira directa, áxil e persoal” calquera necesidade ou demanda cos cargos orgánicos, tanto dos 67 Concellos como dos provinciais.

Vía de contacto en dúas direccións”

Pretende ser una “vía de contacto en dúas direccións”: os afiliados poderán contactar, opinar e informarse das novas máis relevantes dos municipios nos que se deande alta. Á súa vez, Concellos e a organización provincial poderán comunicar, consultar e notificar aquelas cuestións que sexan ou de interese para os afiliados. “O noso afán principal, apuntou o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, é facilitarles unhaferramenta de participación directa co Partido”.

 

Esta ferramenta complementa tanto a páxina web http://www.ppdelugo.es como o “Buzón do afiliado” posto en funcionamiento para a comunicación cos cargos orgánicos provinciais (presidenta, vicepresidente, secretario xeral e secretario de organización).

Neste senso, Populares Lugo App completa, facilita e dá a oportunidade de participar tanto no día do Partido, como en aquelas decisións relevantes que a organización se compromete a consultar mediante as enquisas "Flash".

É unha aplicación moi sinxela de usar, que está estructurada para que calquera persoa poida configurar e usar segundo as súas necesidades e intereses. Os usuarios recibirán de maneira instantánea nos seus terminais notificacións e alertas tanto de novas relevantes dos municipios nos que se deron de alta, así como de convocatorias de actos e enquisas para coñecer a súa opinión sobre asuntos relevantes que axuden a tomar mellores decisións. “A finalidade, en última instancia, é que os usuarios participen activamente na vida política do Partido”, concluíu Fernández Piñeiro.

Consello de Administración SUPLUSA

Noutra orde de asuntos, e a preguntas dos xornalistas, Elena Candia anunciou o voto positivo do grupo que representa ante a proposta de SUPLUSA de que sexa o Pleno da Deputación o que resolva o procedemento de revisión de oficio do acordo da Xunta de Goberno, tal e como figura na Orde do Día do Consello de Administración previsto para esta tarde.

 

Deste xeito, a presidenta Provincial subliñou que o sentido do seu voto corresponde a “unha postura coherente”, que radica no informe xurídico externo solicitado pola Sociedade, e que especifica que o acordo adoptado en Xunta de Goberno é nulo, ao ser aprobado por un órgano “incompetente”. “Defendemos, primeiro, que a Xunta de Goberno non poida retirarlle a condición de medio propio a SUPLUSA e, segundo, que non se utilizou o procedemento axeitado, pois nin tan sequera se lle deu a oportunidade á Sociedade de presentar alegacións para poder defenderse”, subraiou.

 

A este respecto, matizou que “o principal incumprimento adoptouno Darío e non Martínez xa na xestión privada dos catamaráns; unha decisión que se toma nun contexto de enfado. A maiores, este acordo da Xunta de Goberno está provocando uns datos moi importantes cuantitativamente para os Concellos e tamén irreparables para a imaxe da Institución”.

 

“Denúncianse a sí mesmos e nós o único que mantemos é o que dixemos. O proxecto era de Besteiro, como todo sabemos, e nós votamos a favor por responsabilidade en moitas das decisións desta encomenda de xestión. Por iso, non entendemos que agora se desdigan, sobre todo, nun momento no que estaban chegando os permisos para abrirse, así que non vemos o fundamento desa retirada”, afirmou.

 

Con todo, e no marco dunha postura plenamente construtiva, convidou a todos os representantes a un acordo negociado neste asunto, ao tempo que lle pediu ao presidente da Deputación, “que deixe de empregar as residencias para darse bofetadas políticas porque está provocando uns danos económicos moi importantes”; un presidente, engadiu, que “foi o primeiro presidente reprobado”, entre outros motivos, “por esta barbaridade e unha situación interna que non é capaz de remediar”.

Valoración visita ministro Fomento

Precisamente, sobre o responsable do organismo provincial, Elena Candia amosouse sorprendida pola súa ausencia na presentación realizada no día de onte polo ministro de Fomento sobre a conexión da liña ferroviaria de Lugo con Ourense. “Pensamos que era unha reunión importante para Lugo, polo que se realmente lle interasa a provincia debería de estar el e non o secretario xeral que o que fixo foi ao remate da mesma meter unha información intoxicada”; unha actitude, destacou, “á que xa nos ten acostumados”.

 

Asemade, puxo en valor que a visita do titular do departamento estatal “ven a refrendar o que nos xa anunciamos en días pasados e Adif lles explicou á Confederación de Empresarios e á Federación de Veciños, que é o compromiso de estar en Madrid en menos de 4 horas”. Neste senso, defendeu que “vimos a un ministro comprometido con Lugo, un ministro con investimento e con prazos concretos, e incluso coa seguridade, a través da eliminación dos pasos a nivel. A valoración é, por tanto, positiva. Creo que non podiamos como Partido renunciar a isto e por iso lideramos dende o principio esta reivindicación”, destacou.

 

Por todo elo, lamentou as declaracións dos socialistas, pois “inicialmente esta proposta tamén lle servía ao PSOE, e amosa un compromiso que, por certo, non fixeron outros ministros anteriores, que incluso son desta provincia, e estaban no Goberno noutro momento económico”, de aí que lles pedise que “se lean con detalle a presentación, e que xa que non o fixeron antes e agora o fai o goberno do PP, se poñan en disposición de traballar de maneira construtiva, e isto pasa, por exemplo, cando toca apoiar tamén no Congreso e no Senado os orzamentos de 2018”.

 

Ademais de agradecer o compromiso de Íñigo de la Senra, a colaboración do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o traballo da directora Xeral de Adif, que tamén é lucense, concluíu que “criticar o de onte é difícil de entender”, demostrándose así que “van á reunión cunha nota de prensa feita e un discurso cociñado, con independencia do que alí se anuncie. Nin sequera escoitaron o que alí se estaba dicindo”. Con todo, Elena Candia, adiantou que, dende o PP, “imos estar vixiantes de que se cumpran os prazos; cuestión que para nós é moi importante”, rematou.