Partido Popular de Lugo

O PP reclama que Deputación e Concello impulsen novas dotacións deportivas polivalentes en Lugo

Martes, 24 de abril de 2018.- O Partido Popular presentará senllas iniciativas de pleno na Deputación e no Concello de Lugo para que se inicien os traballos para planificar e proxectar novas instalacións deportivas na cidade.

 

Os populares afirman que “a demanda de dotacións municipais non se axusta á oferta existente” e cren que “este é o momento de dar un paso adiante para dar resposta ás necesidades dos diferentes clubes deportivos da cidade”. Nesa liña a Presidenta Provincial, Elena Candia, anunciou que solicitarán que “ambas administracións se compromentan vía convenios, como o que se fixo recentemente para cambiar o céspede dos campos de futbol, para materializar estas novas infraestructuras”.

 

Candia e Ameijide manifestaron que esta petición urxe xa que se se quere potenciar o deporte base se precisa mellorar dotacións e incorporar novos espazos de adestramento e competición xa que neste momento “hai clubes que teñen que alugar pistas, ou que se ven obrigados a utilizar infraestructuras obsoletas e que non están ao nivel dos nosos deportistas

 

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, facía este anuncio no transcurso do pleno que se celebrou hoxe tras anunciar o seu apoio á cesión do Pazo dos Deportes á deputación provincial. Unha decisión que a popular comunicou á directiva do Breogán nunha xuntanza que tivo lugar antes da celebración do pleno.

 

Na recepción na que participaron os deputados provinciais así como o voceiro e vicevoceiro do Grupo Popular se lles trasladou, de forma oficial, a felicitación do PP á aficción, aos xogadores, directiva e clube polo éxito acadado co ascenso á ACB.