Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP reproba ao presidente da Deputación de Lugo e pídelle que cambie a súa actitude ante o que está a pasar no seu Goberno

24, abril, 2018. O Grupo Provincial do PP reprobou hoxe ao presidente da Deputación de Lugo ao que lle pide que cambie a súa actitude ante o que está a pasar no seu Goberno e asuma unha maior implicación coa institución que preside. “Presidente, céntrese na Deputación, deixe de dar espectáculos, respecte as minorías e, cun ánimo construtivo, pedímoslle que cambie de actitude”. Censuran o vitimismo do mandatario cando puido sacar adiante os Orzamentos e tivo todo o apoio “da oposición máis construtiva que tivo a institución ao longo da súa historia”.

O popular Carlos Armesto explicou que, cada vez máis, o habitual na Deputación “é ver un esperpento, un desorden no que o presidente é incapaz de coordinar este pleno, no que as faltas de respecto son continuas e constantes”. “Se hai unha reprobación merecida, xusta e necesaria é a da actitude deste presidente e deste equipo de goberno que roza o esperpento e o ilegal ao machacar os dereitos da oposición e dos que aínda son compañeiros seus e do seu vicepresidente ata hai uns días”.

“Non é agradable, a peor situación que lle pode pasar é verse reprobado pola institución que preside e debera dirixir, pero iso xa non o fai. Cada pleno hai novidades, dun tema normal que se podería debater fan un circo e esa é a imaxe que dan. Incluso nos medios nacionais vemos ese circo e nunca pensamos que alguén podería facer bo a Besteiro, pero xa o conseguiu nos primeiros meses. A realidade o demostra”. “Con reprobar, apuntou, queremos dicir criticar enerxicamente a actitude dunha persoa. É una institución seria e quen fai esta proposta é o PP, pero poden preguntarlle aos medios e á poboación e farían o mesmo”.

TRES VICEPRESIDENTES EN DOUS ANOS

Armesto explicou que en menos de dous anos Campos leva tres vicepresidentes. “A este paso é mellor cambiar o presidente”, indicou. “Pido cordura e sensatez e se teñen unha minoría teñen un PP serio e traballador e construtivo. En poucas oposicións de España o partido maioritario aprobou os presupostos de tres exercicios, sacamos un plan de estradas, o plan único para os concellos. Tiña fácil gobernar, só tiña que facer de árbitro, pero como nada é suficiente vemos como o proxecto das residencias, onde se ían construír 12, hai 3 terminadas e nunha Xunta de Goberno anula a convenio do besteirismo.

Lamentou ademais que se xogara cos intereses das persoas ás portas dunha eleccións municipais en 2015 a través do BOP convocando un selección para cubrir as prazas e centos de persoas pagaron as taxas, preparan os temarios e agora seguen á espera de ter un traballo. “Hai 70 seleccionados que despois de 3 anos de espera pensan que poden acceder e dinlles que non hai nada do acordado. Non poden facer iso, crear esa inseguridade xurídica”, expuxo.

“Este partido vai traballar para que se cumpra coa legalidade e poidan acadar os seus postos de traballo, polo que pedimos un cambio de actitude, porque llo piden os lucenses, que lle dea a seriedade á institución que merece”.

Armesto insistiu en que “o problema do presidente é que converteron a institución na sede do PSOE, tal como dixo un dirixente socialista e creo que ten razón. Non se poden usar as cousas para iso, céntrese na institución e en traballar. A metade dos acordos que se tomaron por maioría e o 30% por unanimidade non se sabe onde están. Ten que facer valer a súa vontade, non ten autoridade para dirixir isto, confunde partido e institución. A intención é poñer orde aquí e no ano que queda que poña sentido común e recoñeza que está en minoría”, incidiu.

AGRADECEMENTO AO BNG

Os populares agradecen que o BNG facilitara coa súa abstención a aprobación desta iniciativa, o que deixa ver as inxustizas que o equipo de Goberno comente cos nacionalistas. Aínda así, Armesto recordou a actitude do presidente con eles, coas minorías, coas súas mocións e as súas dedicacións, polo que, dixo, hai que ser coherentes e creo que tocaba unha condena enérxica.

REGULAMENTO ORGÁNICO DA DEPUTACIÓN

Os populares lamentan que non se puidera debater a súa moción sobre a modificación do regulamento orgánico da Deputación co que se pretende un maior control da institución por parte do Pleno. Tal e como explicou a voceira do PP, Elena Candia, o texto íntegro xa foi informado en marzo de 2017 favorablemente incluso cun informe do secretario daquel momento no que aplaudía a nova redacción e aconsellaba actualizar o texto.

Candia censura que ademais de non someter a votación a proposta, pese a ser a mesma que a xa presentada naquel momento, tampouco se puidera, aplicando o regulamento en vigor, tratar se deixala ou non sobre a mesa, como mandou o presidente de xeito unilateral. “Estaba claro que pretendían que non se debatera”, critica a popular.