Partido Popular de Lugo

O PP de A Fonsagrada alerta “da perigosidade” do parque infantil

A FONSAGRADA, 23 de abril de 2018.- O PP de A Fonsagrada alerta “da perigosidade” do parque infantil da localidade. Concretamente, estas instalacións municipais presentan un estado de abandono notable, pois a parte de elementos caídos, en moitos deles pode observarse como sobresaen puntas que, de seren pisadas por algún usuario, poderían ocasionar un problema de salubridade importante.

 

Deste xeito, os populares, e en resposta á petición de varios pais de familia, quenes lles trasladaron numerosas queixas e a súa preocupación polo deterioro do parque, piden ao Goberno local que inicie no menor tempo posible os trámites que sexan necesarios e procesa de inmediato á súa reparación, co fin de evitar que e poida producir algún accidente.

 

“Agardamos que o alcalde tome boa nota do que pedimos. Non pode ser que teñamos un parque nesta situación, sobre todo, nesta época que é cando máis é frecuentado polos nenos debido a que comeza a facer bo tempo”.

 

Outro exemplo da “deixadez” dos socialistas

Os poulares consideran que este é outro exemplo da “deixadez” do Goberno socialista. “Realmente non sabemos moi ben a que se dedican, porque non arranxan o polideportivo, o punto limpo é un vertedoiro incontrolado e, o parque infantil, unha arma letal para os nenos. Cremos que situación comeza a ser realmente crítica; de aí que lle pidamos ao alcalde que abandone por uns días a Deputación e atenda algo máis o concello. Nós non nos opoñemos que viaxe a Lugo ou que ande viaxando pola provincia na súa nova condición de deputado de Vías e Obras, pero o que si que non podemos permitir é que teña totalmente abandonado o municipio”.

 

Por outra banda, sinalan, “estamos convencidos de que non estamos a pedir nada extraordinario, só que o alcalde cumpra coa súas funcións”, ao tempo que suxiren que “igual debería de repensar a situación, porque cando existe tal desentendemento é porque algo falla ou algo está facendo mal. O que está claro é que o que moito abarca, pouco apreta”, remarcan.

 

Con todo, conclúen, “agardamos que teñan vontade política e persoal de amañar estas instalacións e todas as do municipio que precisan de novos traballos de mantemento”.