Partido Popular de Lugo

O PP de Portomarín asegura que a voceira do PSOE minte con respecto á situación dos pisos tutelados

PORTOMARÍN, 22 de abril de 2018.- O PP de Portomarín asegura que a voceira do PSOE minte con respecto á situación dos pisos tutelados. Por este motivo, maniféstanse profundamente críticos coas declaracións realizadas pola voceira socialista e publicadas este domingo polos medios de comunicación, pois “ningún alcalde no seu sano xuízo poría trabas a unha obra de tanto impacto social como pode ser unha residencia”; de aí que lle pidan a edil do PSOE “que deixe de intoxicar”, ao tempo que aseguran que “non llo imos permitir”.

 

“A voceira do PSOE, que é asesora a soldo da Deputación, pode enganar aos veciños de Lugo, pero non aos de Portomarín con este asunto, e ela mesma sabe que se existe un convenio asinado é porque estivo Elena Candia na presidencia do organismo provincial”. Tal é así que non dubidan en recoñecer que se “o PP seguise na Deputación, Portomarín non só tería estas instalacións construídas, senón que xa as tería funcionando e os veciños poderían facer uso delas”, afirman.

 

O presidente da Deputación, “rodeado de ex alcaldes perdedores”

Tendo en conta, “as mentiras da Sr. Rodríguez”, os populares, subliñan que “a socialista acaba de retratarse ela mesma”, lamentando deste xeito queo presidente da institución luguesa “se prestase a facerse unha foto con ela”.

 

“O Sr. Darío Campos debería de repensar o que está facer. Dicimos isto, porque ao igual que aconteceu neste caso, os líos que ten na provincia e na propia Deputación, moitos son por rodearse de asesores que foron ex alcaldes perdedores, mentras que se o fixese con técnicos e persoal cualificado mellor lle iría á Deputación e aos lucenses”.

 

Por todo elo, dende o PP reproban a actitude da socialista, “quen, por riba, se atreve a mencionar o soldo do alcalde, cando sabe e coñece que é inferior ao que ela mesma se fixou cando era alcaldesa”. “A Sr. Rodríguez sabemos que ten moita cara, pero non lle imos permitir que intoxique en Portomarín. En Lugo que faga o que queira, alá ela e os que lle pagan, pero, cando menos, si que queremos destacar que, tanto ela como o Sr. Campos, deberían de saber que asesorar non é faltar á verdade”.