BURELA, 21 de abril de 2018.- Os deputados autonómico e nacional, Daniel Vega e Jaime de Olano, acompañados do presidente da xestora, Manuel Rouco, mantiveron na tarde-noite de onte sendas reunións con dúas das asociacións máis destacadas deste municipio mariñano, e que están a desenvolver un importante labor en materia de atención a persoas con Alzheimer e do impulso do sector do comercio local. Trátase, en primeiro lugar, de AFAN e, en segundo lugar, da asociación cívica multidisciplinar Burela Dinámica, que non só engloba a veciños particulares da localidade, senón tamén a comerciantes, empresarios e intelectuais da vila mariñá.
Deste xeito, os populares deron continuidade á rolda de contactos que están a levar a cabo nos últimos meses con distintos colectivos de A Mariña, co fin de escoitar as súas propostas e de trasladar as súas necesidades ás administracións onde teñen representación. Así o defenden Vega e Olano durante os últimos meses e quenes, o día de onte, reiteraron a vontade o Partido Popular de “ser a voz dos veciños da comarca, pois só así podemos dar unha resposta axeitada ao que realmente precisan”.
As reunións mantidas, debido ao cometido ao que están destinadas, foron moi diferentes. Por unha banda, AFAN, que, na actualidade presta atención a 10 persoas afectadas polo Alzheimer, e Burela Dinámica que traballa en prol de humanizar esta vila dende distintas perfectivas. Tanto a primeira como a segunda incidiron na necesidade de apoio institucional e das administracións para seguir cumprindo o fin para a que foron creadas.
“Foron dúas xuntanzas moi produtivas, da que realmente saímos moi satisfeitos. Temos que agradecer o recibimento e a acollida que nos deron, pero, sobre todo, foi unha excelente oportunidade para establecer novos lazos de colaboración no futuro”. A este respecto, os deputados matizaron que, “cremos que este é o camiño, o da escoita activa. Dende o PP non entendemos a política doutro xeito. O noso obxectivo e dar solucións, non crear problemas, e isto pasa por estar a pé de rúa cos colectivos que realmente o precisan. Tanto AFAN, como Burela Dinámica teñen todo o noso apoio, así llelo trasladamos, e así o seguiremos defendendo”, conclúen Vega e Olano.
Pola súa banda, o presidente da xestora agradeceu a disposición dos deputados por atender as peticións destes dous colectivos. “Jaime de Olano e Daniel Vega demostraron unha gran vontade política e persoal, así como a premura e eficacia que están a amosar á hora de atender as solicitudes que lles estou a trasladar dende o PP de Burela, e isto é algo que creo que debo de poñer en valor”, destaca.