Partido Popular de Lugo

O secretario de Organización e deputados no Parlamento de Galicia, Daniel Vega, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro

O secretario de Organización e deputados no Parlamento de Galicia, Daniel
Vega, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, proseguiu esta fin
de semana neste municipio da Mariña a rolda de contactos con afiliados e
simpatizantes dsa comarca, co fin de pulsar a súa opinión e recoller as
súas propostas para “fortalecer os nosos concellos, a través do noso
traballo nas institucións ás que representamos”.

Esta reunión enmárcase “no camiño” emprendido hai meses por Daniel Vega e
“facer unha política porta a porta, baseada no contacto directo cos
cidadáns”. “Cremos que só así podemos dar solucións. Estamos para
traballar, para solucionar problemas, non para crealos, e entendemos que a
mellor maneira de facelo é esta”, conclúe.