Partido Popular de Lugo

O PP da Fonsagrada manifesta que o incendio acontecido nunha vivenda evidencia que o GES é un servizo necesario e que o alcalde nunca debeu despedir aos 12 profesionais que o integraban

A FONSAGRADA, 15 de marzo de 2018.- O PP de A Fonsagrada manifesta que o incendio acontecido este martes nunha vivenda pon de relevo que o GES é un servizo necesario e que o alcalde nunca debeu despedir aos 12 profesionais que o integraban. E é que de contar estes efectivos, os populares alertan de que ou non faría falla que se desprazase o equipo de A Pontenova, ou ben a atención sería moito máis rápida; o que repercutiría na reducción do tempo de sofocación das lapas.

 

Por este motivo, dende o Partido Popular lamentan non só o sucedido, “pois sempre é moi crítico ver como uns veciños perden a súa casa deste xeito”, senón que “non poidamos ter esta cobertura por culpa da cabezonería e do antollo do alcalde”. Tal e así, que para os populares, o suceso evidencia que, cando o socialista tomou a decisión de despedir “a estes grandes profesionais”, o fixo “priorizando a súa opinión persoal ás necesidades do pobo”.

 

Deste xeito, e logo do acontecido, os populares piden ao rexedor que “abandone o seu ego” e reconsidere a posibilidade de voltar a contratar estes traballadores. E é que, ademais, insisten, ao igual que xa o fixeron en varias ocasións dende que o alcalde adoptou a decisión unilateral de prescindir destes efectivos, a súa incorporación suponlle un custo 0 ás arcas municipais, pois este servizo está sufragado nun 60% pola Xunta de Galicia e pola Deputación, no 40% restante.

 

“Esta situación estaba claro que podía producirse. Ninguén estamos libres de perder a nosa causa por un causa semellante. Pero o que denunciamos e censuramos é que o noso alcalde non sexa capaz de pensar que este é un servizo de especial necesidade para esta localidade”. Ademais, engaden, “o máis triste de todo é que estas 12 persoas lle saen gratis e, pola contra, si que hai outros gastos municipiais sen ningún tipo de control”

 

Tendo en conta o suceder dos feitos, agradecen a colaboración manifestada pola Xunta de Galicia, a través do delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen no día de onte se desprazou ata o lugar dos feitos para trasladarlles aos afectado as opcións que ofrece a administración autonómica nun caso semellante.

 

O PP, sempre cos traballadores

Deste xeito, o compromiso do PP con estes profesionais volta a ser notorio, como tamén o manifestaron en distintas ocasións e comparecencias públicas. Hai uns meses, incluso a través do Grupo Provincial, presentaron unha moción para o seu debate no Pleno da Deputación, na que se demandaba ao goberno provincial instar ao Concello a declarar nula a resolución na que se acordou o despedimento dos traballadores e traballadoras que prestaban o seu servizo no GES e, en consecuencia, a súa readmisión á maior brevidade posible.

 

“Como non podía ser doutro xeito, sempre estivemos do lado deles. Foi un despido inxusto, sobre todo, engaden, cando os tribunais en sentenza fallaron que este era improcendente, é dicir, nulo”. A este respecto, lembran, “non contentos con esta sentenza, o equipo de goberno presentou un ERE contra estes traballadores, argumentando saldo negativo do Concello, e botándolles a culpa desta situación”. Este feito foi o que motivou que os compoñentes do GES interpuxeran unha serie de recursos e demandas xudiciais, en onde ata o momento a xustiza lles deu a razón, co conseguinte gasto que supón para a entidade local ter que facer fronte aos salarios e á seguridade social de todos os profesionais.