Partido Popular de Lugo

O PP conmemora este ano o Día Internacional da Muller en Monforte cun encontro que reunirá a profesionais de distintos sectores e visibilizará que “o talento non ten xénero, ten mérito”

LUGO, 7 de marzo de 2018.- O Partido Popular conmemora este ano o Día Internacional da Muller cun encontro que reunirá a profesionais de distintos sectores, e visibilizará que “o talento non ten xénero, ten mérito”, segundo afirman dende a Comisión de Igualdade.

 

Deste xeito, a través desta iniciativa, que coordina María José Blanco Freire, os populares pretenden poñer en valor que só dende a unidade política se pode contribuír á igualdade real e efectiva de dereitos entre homes e mulleres, pois só así se poden resolver os actuais problemas de corresponsabilidade e conciliación persoal, familiar e laboral; de fomentar o emprego; a supresión da fenda salarial, o fomento de medidas de natalidade efectivas, ademais de traballar con firmeza dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénrero para acabar coa peor lacra que atenta contras as mulleres.

 

E é que, segundo apuntan, “a igualdade non é algo só de mulleres, senón un asunto de todos”. “A igualdade real só se logrará cando se alcance o equilbrio”, inciden.

 

Desenvolvemento do encontro

A xornada celebrarase este sábado, no Hotel Cardenal de Monforte de Lemos, a partires das 11:30 horas. Será inaugurado pola coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella, e clausurado pola presidenta provincial, Elena Candia.

 

Disporá de dúas mesas redondas, que estarán moderadas pola voceira do PP neste municipio e deputada autonómica, Julia Rodríguez. Na primeira intervirán as empresarias locais: Carmen José López Rodríguez e Mari Carmen Rodríguez González; e a deportista Juliana Ribeiro Escobar. A continuación proxectarase o vídeo Coraxe da Muller, que está protagonizado pola patrona maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Celia Pacio Fernández.

 

A segunda mesa contará coa intervención da ama de casa, María Ángeles Martínez Campos, da autónoma e emigrante, María Domitila Armesto Arias, así como de Doris López López; unha venezolana filla tamén de emigrantes, que, xunto con María Ángeles, exporán o papel que xoga a muller segundo o país no que resida. Para poñer o broche final ao encontro, haberá unha actuación musical.