MONFORTE DE LEMOS, 2 de marzo de 2018.- Novas Xeracións de Monforte iniciou este venres un programa de encontros con mozos emprendedores que xeran riqueza na Ribeira Sacra para implicalos no seu proxecto e poñer en valor o seu traballo para dinamizar a comarca. Os presidentes de NNXX na provincia e en Monforte de Lemos, Rosa Arza, David Senra, respectivamente; acompañados da deputada autonómica e voceira do PP neste municipio, Julia Rodríguez, achegáronse este venres á empresa de recente creación masquefriki, e que ofrece unha alternativa de ocio distinta á mocidade deste municipio.
A agrupación popular tomou a iniciativa de impulsar esta campaña porque detectaron “unha ausencia ou nula implicación do Goberno local” á hora de impulsar proxectos que favorezan o proxección da mocidade. “Cremos que é necesario e positivo realizar este tipo de encontros. Buscamos coñecer de xeito directo as súas necesidades e tenderlles a man naquilo que poidamos ser de axuda”, puxeron de manifesto.
A este respecto, lamentan que “o alcalde se preocupe máis polas fotos que por incentivar o emprego e as oportunidades xuvenís”. Neste senso, pídenlle que “abandone o ego excesivo que ten e se implique cos emprendedores locais, pois, dende que chegou ao cargo, non puxo en poñer en marcha ningunha iniciativa que axude a que os mozos poidamos desenvolver o noso proxecto de vida no noso municipio”.
Unha alternativa diferente para Monforte
Os mozos elixiron masquefriki porque a titular da mesma “é un exemplo para os mozos deste concello”; unha rapaza nova que montou o seu negocio a raíz do espazo coworking, impulsado pola consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI), e para ser a lanzadeira en Galicia de alomenos 139 emprendedores e emprendedoras. Nesta actuación, a Xunta de Galicia leva investidos alomenos 12 millóns de euros para impulsar máis de 500 proxectos nos últimos catro anos.
Fixeron así un percorrido polas instalacións desta empresa, que nace en 2017 co fin de ofrecer aos clientes unha oferta de ocio alternativo, a través da venda de artigos relacionados con sagas cinematográficas e literarias, series de televisión, videoxogos, xogos de mesa e comics. Este espazo lúdico está pensado para albergar eventos e actividades como torneos, obradioiros ou festas temáticas.
Xornada sobre o Camiño en Triacastela
Os representantes da formación xuvenil a nivel provincial, acompañados do secretario Xeral, Carlos Armesto, tammén organizan mañá a xornada “O noso Camiño. Triacastela: presente e futuro”. Ademais de facer un treito do itinerario Francés, que discorre por este municipio, abordarán as potencialidades que ofrecen aos municipios e á economía local as distintas rutas xacobeas