Partido Popular de Lugo

Cubillas denuncia que o alcalde leva dez meses incumprindo a súa palabra de contactar cos propietarios afectados para a contrución da ponte de Valdriz

LÁNCARA, 2 de marzo de 2018.- O Partido Popular de Láncara pídelle ao alcalde que “cumpra a súa palabra” de contactar cos propietarios afectados para a contrución da ponte de Valdriz, e que poña a disposición da Xunta de Galicia o acordo. Trátase este dun compromiso que asumiu Darío Piñeiro hai dez meses pero que, a día de hoxe, aínda non levou a cabo; o que denota, subraia Santiago Cubillas, “falla de rigor e de seridade por parte do socialista”.

 

Para os populares, isto “é un síntoma máis da súa vagancia”, xa que “tan só tiña que chegar a un acordo cos titulares dos terreos, pois da execución do financiamento ocúpase a Xunta de Galicia”, precisa.

 

“Claramente o Sr. Piñeiro non é un alcalde de palabra”. “Non acontece así, subliña, coa administración que lidera este proxecto, que si é de fiar, como así quedou demostrado esta mesma semana, ao anunciar a licitación do proxecto da estrada que vai de A Pobra a Láncara”.

 

“O Goberno de Feijóo está facendo escrupulosamente os deberes con este obra e con todas as actuacións previstas para esta zona”. Concretamente, o esforzo inversor da administración autonómica, logo do anuncio da vía indicada, na que se sitúa a ponte e a senda peonil, que tamén sufraga integramente a Xunta de Galicia, supera o 1,5 millón de euros.

 

“Son obras que teñen un custe 0 para o Concello e os lancareses. Se nos centramos só nesta pasarela, o Executivo galego aumentou o seu investimento nun 55%, ao pasar dos 300.000 euros iniciais aos 540.000 que destina a esta actuación. Pola contra, o alcalde, que tan só ten que falar cos propietarios, resulta que nin iso fai”, insiste o popular.

 

Alcalde a remolque”

Ante a realidade dos feitos, o popular recoméndalle aos Goberno socialista de Láncara “que se poña a traballa, pois os veciños queremos un alcalde que nos soluciona os problemas; un alcalde que cumpre o que di; un alcalde que xestiona e non un alcalde que anda a remolque con todos o asuntos que colle nas súas mans”.