Partido Popular de Lugo

Candia destaca en Monforte o traballo do Grupo Provincial para que a Deputación dote aos Concellos de novas dotacións e obras co Plan Único aprobado no día de hoxe

MONFORTE, 27 de febreiro de 2018.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, ElenaCandia, acompañada do secretario Xeral, Carlos Armesto, e das deputadas autonómicas, Julia Rodríguez e Sandra Vázquez, mantivo hoxe unha reunióncon alcaldes, voceiros, edís e membros das executivas locais dos concellos de Monforte de Lemos, Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel, Bóveda, Sober, Pobra de Brollón, O Saviñao e Pantón,na que deu conta da xestión do Grupo do PP na Deputación, e quepermitíu, por exemplo,a aprobación por unanimidade no día de hoxe do Plan Único, segundo ao cal a estes municipios lle corresponden máis de 2,8 millóns de euros, ou que Ribas de Sil poida abrir nun tempo curto a residencia da terceira idade ou que, a través do Plan de Rehabilitación de Firme de Estradas,Bóveda, Monforte, Pantón, Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Si, Saviñao e Sober reciban, respectivamente, 144.746 euros; 260.178; 311.271; 369.230; 157.803; 147.803; 397.458 e 228.782 euros.

“O Plan Único é un exemplo de como o feito que o Goberno provincial non teña maioría dende 2015 contribuíu a que fixésemos un traballo rigoroso e serio, dotando á Deputación dun proxecto de provincia que non tiña dende hai tres anos”. A este respecto, matizou que “este Planveu para quedarse e desmontar as medias verdades ou, nalgúns casos, verdadeiras mentiras que se dixeron”, defendeu.

Fuxindo de triunfalismos, a presidenta do PP apuntou que, “estamos dando pasos importantes, pero non nos podemos conformar, senón que temos que seguir traballando con máis forza se cabe para que a cidadanía coñeza o resultado das reivindicacións do noso Grupo”.

Precisamente, a presidenta puxo en valor o acordo acadado polo Pleno e por iniciativa do Grupo Popular, atendendo a criterios obxectivos. “Estamos paliando esa sequía á que nos tiña acostumados o Goberno socialista. Como todos podemos comprobar, aquí hai alcaldes e voceiros, nos que non gobernamos en todos. Sen embargo, reciben unha aportación da Deputación; cuestión que, considero, debemos de poñer en valor e de ser capaces de trasladalo”, insistiu.

Outras aportacións do traballo do PP

ElenaCandia tamén precisou que,na pasada anualidade, se aprobaron outros 20 millóns de euros repartidos entre os 67 concellos lucenses, dotándoos de contías históricas en áreas como emprego, axuda no fogar, cultura e deporte ou turismo, entre outras.

 

Este aumento no investimento provincial é consecuencia do traballo dos populares para mellorar a provincia. Precisamente, no marco deste compromiso, inclúense as demandas reiteredas este Grupo, e que hoxe foron incluídas polos socialistas no proxecto de Orzamentos, como é o caso das referidas ao mantemento das partidas do SAF. Así, as contas deste ano recollen a dotación do Servizo de Axuda no Fogar, cifrada en 1,5 millóns.

 

Apoio da Xunta

Durante a reunión, os deputados no Parlamento de Galicia afirmaron que existeun claro compromiso do Goberno de Feijóo con estes nove concellos, tal e como demostran osseguintes importantes investimentos recollidos nos Orzamentos do 2018, cuxas partidas máis relevantes para estes municipios son estas:máis de 2,5 millóns de euros de Fondo de Cooperación Local; 400.000 para o saneamento de distintas localidades de Sober; os 250.000 euros para o acondicionamento da LU-651, no municipio de Folgoso do Courel; ou 281.000 euros para o centro de saúde de O Saviñao.

Asemade, a deputada autonómica, Julia Rodríguez, tamén puxo en valor outras partidas relevantes para o municipio de Monforte, que recibe un investimento de 750.000 euros para o Porto Seco; 320.000 para obras de mellora no hospital, ademais da actuación prevista para o centro para persoas con discapacidadeInfanta Elena, así como os máis de 1,9 millóns do SAF. En total, precisou a deputada monfortina, uns 7 millóns de euros perciben ou están a percibir do Goberno de Galicia os municipos que foron convocados á xuntanza.

6ª reunión

Esta foi a sexta reunión que a dirixente popular mantivo cos compañeiro de Partido da provincia para explicar o traballo do Grupo provincial. Previamente, a dirección do PP reuniuse cos representantes das comarcas de Vilalba, Sarria, Chantada, Lugo e A Mariña. Este venres, a dirección do PP reunirase cos alcaldes e voceiros da Montaña.