Partido Popular de Lugo

O PP de Cervantes demanda “máis anchura” na pavimentación das estradas da Deputación neste municipio

CERVANTES, 21 de febreiro de 2018.- O PP de Cervantes demanda “máis anchura” na pavimentación das estradas que ten a Deputación neste municipio. Neste senso, os populares pídenlle ao alcalde que emprenda as xestións oportunas co organismo provincial para que os proxectos que esta administración ten previsto executar ao abeiro do Plan de Rehabilitación de Firme de Estradas, contemplen un maior ancho da calzada.

 

Dende o grupo municipal consideran necesario que o organismo provincial reconsidere esta característica, pois son moitos os cidadáns da localidade que así o están a demandar. “Non se trata dun antollo do Partido Popular de Cervantes, trátase dunha petición dos nosos veciños”, afirma o voceiro desta formación política, Javier Santín.

 

Concretamente, as modificacións que plantexan refírense as LU-P-1401 e LU-P-1402, que son as vías que se pretenden acondicionar no marco de dito Plan. Polo que respecta á primeira, que vai de San Martin da Ribeira a Quindous, dende o PP piden que se aproveite o acho total da calzada con aglomerado en quente e incluso se amplíe este ancho con métodos mecanizados, para que quede “un traballo ben feito”, din.

 

“Sería moi convinte, ademais que, xa que dado que se ten previsto acondicionar case uns 5 quilómetros nesta fase se retome a posibilidade de anchear tamén os dous quilómetros anteriores, pois esta e unha zona de alta actividade agrogandeira de Cervantes e circulan numerosos camións facendo así moi perigoso o tránsito”, afirma Santín.

 

Os populares aplican a mesma petición á LU-P-1401 (Doiras-Campa da Braña). Neste caso, demandan que se recupere o proxecto de amplitude para o treito dende o punto quilométrico 0,000 ao 1,570, tal e como se levará a cabo no treito 1,570 ao 5,500. “Isto non é un antollo do PP de Cervantes, senón que é unha necesidade que piden e demandan os veciños. É mellor facer menos, pero facelo ben”, reiteran. Por iso, consideran que é moi importante ampliar o ancho desta vía, tal e como figuraba no proxecto que fora impulsado polo Goberno provincial do PP, pero “que quedou esquecido nos últimos tempos polo Partido Socialista”, apuntan.

 

“O Concello está lexitimado para que faga esta petición á Deputación. Eu mesmo llo trasladei este mesmo luns ao alcalde”, afirma o voceiro popular, “e fíxeno dende unha postura totalmente construtiva, pois o noso interese é que os proxectos de mellora e os investimentos que se fagan no noso concello se fagan o mellor posible”. Ademais, especifica. “cómpre ter en conta, que a maior parte da rede viaria principal que temos en Cervantes, e da que dependemos moi intensamente para o noso desenvolvemento, é da Deputación, de aí o noso fincapé”, afirma.

 

Seguir o modelo da Xunta de Galicia

O popular agarda que a Deputación se faga eco “da nosa petición”, como así o fixo, no seu día, a Xunta de Galicia; administración esta última que modificou o Plan Director da Rede Natura para que este non fose tan restritivo con Cervantes -concello con preto do 100% do seu territorio incluído nesta designación-, e así fose máis sinxelo cambiar o ancho e o trazado viario.