Elena Candia moderou a mesa titulada *‘Que poden facer os Concellos para
acadar unha Galicia mellor?’*, durante a que os alcaldes de Porto do Son,
Luís Oujo; e a de Lobios, María del Carmen Yáñez; xunto ao presidente da
xunta xestora que se encarga do Goberno de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela;
compartiron as súas experiencias e analizaron as claves sobre as que se
deben mover os Concellos para acadar a mellor xestión posible que redunde
no beneficio dos galegos e da comunidade.