BURELA, 16 de febreiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela asegura que “o alcalde e o seu equipo están máis preocupados en estar agarrados á pancarta día sí, día tamén, que de solucionar as cousas do día a día que se plantexan na vida municipal”; o que demostra, indican, “vagancia, pasotismo e ausencia de compromiso coa cidadanía”.
Os edís populares afirman que “a ausencia de alumeado público nun importante tramo da Avda. do Perdouro que nós denunciamos hai dúas semanas ainda hoxe está sen arranxar, co conseguinte risco para a seguridade viaria na zona, moi transitada por vehículos durante todo o día e por peóns en horas de tarde-noite”.
Dende este Grupo Municipal indican que “nestes últimos días, estamos vendo como outra situación problemática está sen solucionar”. Concretamente, refírense a unha baranda de protección metálica da Rúa Camiño Real, co conseguinte risco para as persoas que transitan pola zona, e que son moitas dada a proximidade coa zona escolar de Vista Alegre.
Os populares lamentan que o Goberno local “faga caso omiso da rutura desta protección”, sobre todo, engaden, “nese mesmo solar colindante caeu hai anos unha persoa que desgraciadamente faleceu”. Ante tal deslexio, este Grupo solicita do alcalde “que tome cartas no asunto con urxencia, que se deixe de pancartas e que solucione os problemas cotiás que se plantexan no concello e que, como vemos nos dous casos citados, afectan a un bo número de persoas”, afirman.