Partido Popular de Lugo

O PP de A Pontenova sobre o último ano de mandato do alcalde: “O Goberno do Sr. Campos non está nin se lle espera”

A PONTENOVA, 26 de xaneiro de 2018.“O Goberno do Sr. Campos non está nin se lle espera”, así resume o PP de A Pontenova o último ano de mandato do alcalde e do seu equipo á fronte da entidade local. O voceiro desta formación política, David Álvarez, conclúe deste xeito que a actuación dos actuais dirixentes “é máis ben escasa”, como así o demostra, por exemplo, que, unha vez que o actual rexedor ocupou a presidencia da Deputación, o tenente de alcalde “tampouco acude a reunións e deixanvencer os prazos de iniciativas anunciadas; o que provoca que se perdan os proxectos que cofinancian outras administracións como a Xunta de Galicia.

 

Tal é así, que os populares non pode facer unha valoración positiva da xestión dos dirixentes locais, “e xa non só porque o actual alcalde está máis centrado no seu, que en A Pontenova; tanto que penso que non sabe xa onde está situada”, senón porque, afirman, “non se está a facer nada para dinamizar a ecomomía local e, por tanto, o municipio”

 

“Con este Goberno, o noso concello non é un valor en alza”. E é que, sinalan, “non hai máis que analizar o que comentou publicamente o alcalde sobre a fábrica IPVque, malia ser unha das principais da Pontenova, o socialista dixo que estaba mellor pechada, pois o único que serve é para cobrar subvencións”.

 

Como exemplos da “destacada parálise e o estancamento no que se atopa este municipio”,Álvarez cita, en primeiro lugar,o polígono industrial, que continúa sen avanzar; o que provoca que as empresas se vaian e que cada día a actividade económica merme un pouco máis.

Concretamente, en materia económica, o voceiro do PP, maniféstase moi crítico coa xestión do propio Concello, que segue intervido –di- “por gastar o que non temos”. É o caso, indica, da “cantidade faraónica” investida no campo de fútbol, xa que, “un pobo como A Pontenova non precisa unha instalación deportiva de tal envergadura”, remarca.

 

A promoción turística, “en desgraza”

En canto á promoción turística, esta “caeu en desgraza”. De feito, subraia, “ultimamente ao noso pobo non vén ninguén”; cuestión que o popular atribúe á ausencia dun plan por parte dos dirixentes locais para reactivar o municipio neste senso.

 

“O tenente alcalde segue ao pé da letra ao maestro que tampouco acudiu a explicar os Orzamentos da Deputación ao Parlamento de Galicia; un feito que deixa moito que desexar dun presidente dunha Deputación. Por tanto, con estes antecedentes pouco podemos agardar. De feito, nin tan sequera hai unha boa sinalización do concello”, apunta.

 

Sen infraestruturas para os nosos maiores

En materia de servizos sociais, e malia ser solicitado en diversas ocasións polo Partido Popular e ser incluído polo rexedor socialista no seu programa de goberno, a localidade segue sen unha residencia de maiores e centro de día. Isto demostra, asegura Álvarez, “o pouco que lle interesa A Pontenova ao Sr. Darío e a pouca forza que ten, pois nin como presidente a Deputación foi capaz de promover unhas instalacións para tantos maiores que temos”.

 

A deficitaria xestión do PSOE tamén se demostra, explica, coa venda da motobomba antiincendios, adquirida durante o mandato do PP, e no rexeitamento das brigadas de extinción dos lumes. “Iso sí, mentres eles venden, na Pontenova seguimos pagando xuízos a avogados e procuradores polas cousas mal feitas. Así é como xestiona os fondos públicos do Concello os Goberno socialistas”, finaliza.