Partido Popular de Lugo

O PP de Burela aclara que quen sostén o funcionamento do centro da Fundación Eu Son é a Xunta, pois só o pasado ano achegou para tal fin máis de 154.000 euros

BURELA, 25 de xaneiro de 2018.O Partido Popular de Burela pon en valor que quen sostén o funcionamento do centro da Fundación Eu Son é a Xunta de Galicia pois, no pasado exercicio, esta administración achegou a tal fin máis de 154.000 euros; demostrándose así o compromiso do Goberno galego con esta entidade.

 

Por este motivo, os populares manifestan a súa sorpresa polas declaración realizadas a este repecto por parte do rexedor local, considerando deste xeito que o socialista “debería de ser algo máis cauto”, xa que a Deputación de Lugo, a diferenza do Executivo de Feijóo, o que fai é unha aportación puntual e excepcional para algunha obra ou actuación en concreto.

 

“Que veñan presumindo de que aportan algo, dando a impresión de que son eles os que están sostendo o centro, é unha vergoña. Saben que isto é radicalmente mentira”; tanto que, engaden, “case nos atraveriamos a dicir que esta foi a única e primeira visita que fixo a concelleira a este centro dende que está no cargo; o que demostra canto lles interesa o centro”, precisan.

 

Tendo en conta esta circunstancia, afirman que, unha vez máis, “o que nos conta o alcalde é un bulo, é unha mentira. O alcalde é un bolero”, sentencian. E é que, aclaran os populares, “fomos, ademais, os anteriores equipos de goberno os que o puxemos en marcha”; de aí que a visita realizada en días pasados polo alcalde, a concelleira de Servizos Sociais e unha deputada provincial sexa calificada por este grupo municipal como “unha burla aos usuarios e á poboación en xeral”.

 

Por todo elo, dende o PP consideran que os participantes na visita deberían de ter “algo máis de diginidade política”. “Xa está ben de que o alcalde nos siga contando bolas. Debería ser algo máis prudente e non facerlle ver á xente o que non é”, conclúen.