Partido Popular de Lugo

Os populares de A Pobra do Brollón consideran que a falta de proxecto do Goberno é tal que as únicas obras que executa o Concello son as que veñen doutras administracións

A POBRA DO BROLLÓN, 23 de xaneiro de 2018.- Os popularaes de A Pobra do Brollón consideran que a falta de proxecto do Goberno é tal que as únicas obras que executa o Concello son as que veñen doutras administracións. Para o PP deste municipio esta circunstancia é o resultado “da vaguedade” e da “escasa ambición” dos dirixentes locais.

 

E é que, segundo afirman, as actuacións que se están a acometer ou se prevén realizar son as que proveñen do compromiso do Goberno galego, a través de iniciativas como o Fondo de Cooperación Local, ou das negociacións do Partido Popular na Deputación de Lugo, que foron decisivas para a posta en marcha do Plan Único; “cuestión que el mesmo sabe ou debería de saber polos seus compañeiros no Pazo de San Marcos”, indican dende o grupo municipal popular.

 

O máis mínimo interese”

Deste xeito, consideran que esta “inacción” local reflicte “o máis mínimo interese do alcalde en dinamizar o noso municipio que, como el mesmo sabe e todos sabemos, somos un dos máis avellentados de Galicia”.

 

Por este motivo, manifestan que “non sabemos a que se dedica o rexedor. El debería ser o primeiro en traballar polo noso concello. Ser alcalde non é só acadar o apoio dos veciños, senón que é isto e logo cumprir o programa de goberno e dar resposta ás necesidades de aos problemas da veciñanza. O que temos nós é un alcalde acomodado e preocupado por todo, menos por A Pobra do Brollón”.

 

Que se poña a traballar”

Dada a parálise na que se atopa o municipio, pídenlle ao dirixente nacionalista que “exerza dunha vez por todos a súa responsabilidade e se poña a traballar, pois se ten algunha dignidade política, debería de actuar doutro xeito e nós non nos veriamos na obriga de criticar publicamente a súa actitude de desleixo”, conclúen.