Partido Popular de Lugo

NNXX de Sarria “fai un pouco máis felices” aos usuarios do CAPD desta localidade

Os mozos de Novas Xeracións de Sarria veñen de visitar o Centro de Atención de Persoas con Discapacidade desta localidade; unha iniciativa que se enmarca no progama de accións solidarias que están a levar a cabo durante o Nadal as distintas agrupacións desta formación na provincia.

Deste xeito, o seu presidente, Jesús Rodríguez, sinala que “o que pretendemos é que ningún maior perda a ilusión nestas datas tan sinaladas”; de aí que, ademais da visita, os populares fosen acompañados dun mago, “quen lles fixo pasar un momento agradable aos usuarios”.

“É un pequeño xesto co que quixemos agasallar a estas persoas, facéndoas un pouco máis felices. Como grupo de mozos, realizar esta campaña é unha proba máis de que estamos comprometidos co noso municipio, cos seus problemas e coa súa xente”, indica.

O CAPD de Sarria conta con 120 prazas para persoas con discapacidade intelectual e un cadro de persoal integrado por 172 profesionais. Comezou a contruirse no ano 1990, e dispón de 6.550 metros cadrados, aos que hai que engadir outros 3.000 de contorno e xardíns.

Recollida para o Banco de Alimentos provincial

Previamente a esta visita, os integrantes desta organización a nivel provincial, que dirixe Rosa Arza, tamén levaron a cabo unha recollida de alimentos. Foi durante o xantar de Nadal, realizado o pasado sábado, día 16, e no que tamén participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Industria, Francisco Conde, ademais duns 600 afiliados do Partido Popular da provincia e outros cargos institucionais do Partido a nivel estatal, autonómico e provincial. Os produtos non perecedeiros recolectados xa foron entregados ao Banco de Alimentos provincial.