Partido Popular de Lugo

Daniel Vega interésase sobre as melloras do hospital da Mariña dende a entrada en funcionamento do sistema EOXI

O deputado autonómico, Daniel Vega, interésase sobre as melloras que ten experimentado o hospital da Mariña dende a entrada en funcionamento do sistema de Estruturas de Xestión Integrada (EOXI). Será a través da pregunta que formulará mañá na correspondente sesión do Parlamento de Galicia.

A área integrada Lugo, Cervo e Monforte proporciona asistencia para a mellora da saúde da súa poboación, onde a docencia e a investigación se constitúen como medios tecnolóxicos, de información e comunicación, que utiliza con eficiencia, efectividade, seguridade e eficacia co fin de contribuír ao benestar da sociedade. Con todo, o popular quere coñecer as actuacións concretas que se levaron o se están a levar a cabo neste centro hospitalario ao abeiro do novo sistema, demostrándose así que o PP “é o primeiro Partido preocupado e esixente con que se garanta unha Sanidade axeitada e de calidade aos mariñanos”.

“O compromiso do Goberno galego coa Sanidade da Mariña é un feito constatable. Todos os veciños podemos comprobar como se están a realizar melloras no hospital. Nembargantes, cremos convinte que a administración autonómica nos precise en que se traduce esta xestión, co obxectivo de que os mariñanos saibamos todas e cada unha das melloras executadas”, precisa Vega.

A EOXI integra Atención Especializada, rede de Atención Primaria, outras institucións e centros implicados coa saúde, establecendo alianzas que garantan a continuidade asistencial e a mellora global do sistema. Polo tanto, “o que pretendemos saber a través desta pregunta as medidas do Goberno galego para achegar o maior número de servizos sanitarios posibles aos cidadáns”; medidas, indica, “que estou convencido, serán  un exemplo máis da determinación da Xunta de potenciar o noso hospital, dotándoo de máis servizos e converténdoo nun centro máis moderno.

A finalidade desta iniciativa é, por tanto, coñecer en profundidade que prestacións sanitarias se levaron a cabo para que o doente reciba o mellor servizo