Partido Popular de Lugo

A presidenta provincial, Elena Candia, presidiu este mércores a última Xunta Directiva Provincial de 2017

Neste senso, agradeceu a todos os participantes a súa a presenza, emprazándoos ao xantar de Nadal que esta formación política celebrará o vindeiro sábado, e no que está previsto a participación do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

 

No marco desta reunión de confraternización, a presidenta adiantou que fará balance do traballo realizado pola dirección provincial ao longo destes 12 meses, e dará conta de todas as actuacións emprendidas pola mesma tando dende a perspectiva de Partido, como da de Grupo político na Deputación, e que foron decisivas, por exemplo, para garantir un reparto máis equitativo e obxectivo do orzamento do organismo provincial.

 

A intervención de conselleiros da Xunta de Galicia foi unha constante no desenvolvemento destas reunións, sendo este un dos compromisos que asumiu a presidenta cando asumiu este cargo, co fin de que os afiliados coñecesen de primeira man os proxectos que están a impulsar os distintos responsables do Goberno galego e que benefician a esta provincia. Deste xeito, ademais de Rey Varela, nestas xuntanzas de traballo tamén participaron os responsables de Medio Rural; Economía, Industria e Emprego; Educación ou Infraestruturas.