BURELA, 29 de novembro de 2017.- O Grupo Municipal Popular de Burela advirte que, en 2018, a auga e a recollida de lixo vanlle custar aos veciños un 1’6% máis que en 2017, en contra do que manifestou o alcalde en certas ocasións, e fano unha vez que está previsto que este asunto se debata no Pleno que a Corporación celebrará mañá xoves.
Este incremento que apuntan os populare implica que unha familia media que pague 350€/ano pasará a pagar 356€. Por este motivo, consideran que, unha vez máis vemos como o alcalde minte e engana aos veciños de Burela”.
Neste senso, afirman que, “en contra do manifestado polo rexedor nalgún medio informativo, non hai ningunha obriga legal para subir nin a auga nin o lixo. As ordenanzas municipais ao respecto non o recollen e non hai ningunha norma de rango superior que o demande”. Polo tanto, entenden os populares que estas subas son “unha decisión claramente política que contradín o manifestado polo Sr. LLano en varias ocasións, sexa a contía que sexa”.
Asemade, indican que chama especialmente a atención o caso da recollida de lixo e limpeza viaria, cando se lle rescindiu o contrato á anterior empresa e cando se aprobaron as bases para a contratación da actual.
“Sempre se dixo que o cambio serviría para mellorar e abaratar o servizo, e ás hemerotecas nos referimos. Pois ben, nin unha cousa, nin a outra. A prestación é manifestamente mellorable como pode comprobar calquera veciño e agora resulta que tamén é máis caro, xa que se pagan 30.000’00€ máis ao ano á actual empresa ca anterior. E esa diferencia vai saír dos petos dos veciños”, remarcan.
Para os populares, “este xeito de actuar é totalmente impropio dun alcalde, menos do que agora temos en Burela. O actual rexedor é capaz de decir hoxe unha cousa, mañá a contraria e pasado nin unha nin a outra, sen poñerse colorado”. E por iso, polo que que dende este Grupo reiteran que Burila” non se merece un alcalde que minte unha vez si e outra tamén”.