Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá agradece á Xunta de Galicia a celeridade coa que atendeu a súa petición de reparar o peche e a beirarrúa da área de O Ranchito

LOURENZÁ, 14 de novembro do 2017.- O PP de Lourenzá agradece á Xunta de Galicia a celeridade coa que atendeu a súa petición de reparar o peche e a beirarrúa da área de O Ranchito.

 

En días pasados, os populares, e ante a desidia constante da alcaldesa, trasladáronlle á administración autonómica a necesidade de acometer urxentemente o acondicionamento desta zona, pois era unha demanda reiterada dos veciños, xa que o peche non é só ornamental, senón que serve tamén para evitar a caída de persoas por un precipicio de considerable altura que se atopa ao carón dun parque infantil; situación que se agrava co afundimento cada vez máis pronunciado da beirarrúa.

 

Deste xeito, dende o PP poñen en valor “a dilixencia” do Goberno galego, “quen, ademais de suplir á entidade local, demostrou ter unha sensibilidade que non teñen os dirixentes que temos no Concello. Claramente, é como quen nos os ten”, aseguran.

 

Os Partido Popular tomou a dianteira

Os populares tomaron a dianteira neste asunto ao ver que, malia que levan pedindo esta actuación dende 2015, a través de distintos Plenos, o Goberno local seguía mirando para outro lado. A intención da súa petición non era outra que paliar un risco innecesario para os veciños que pasan todos os días por este espazo e para os turistas que poidan visitalo, especialmente se se ten en conta que os nenos son o público principal deste espazo.

 

Por tanto, coa resposta da Xunta de Galicia “todos podemos comprobar, afirman, que a eficacia desta alcaldesa dista moito do que realmente debe de facer unha persoa cando ocupa un posto destas características, e que tamén quedou demostrado en como xestionou este asunto”.

 

Concremente, a mellora da área se puido levar a cabo ao abeiro do Obradoiro de Emprego Serra Cadeira II, que o grupo do PP deixara en marcha cando estaba no Gobreno, e que tiña, entre outras funcións, o acondicionamento e arranxo de todos o mobiliario de madeira do muicipio; pero, que, finalmente, foi xustificado polos responsables locais sen acometer ninguha das actuacións para as que foi solicitado.

 

Deste xeito, a entidade local desaproveitou, por tanto, este proxecto e, no canto de emendar a situación, no Obradoiro (Serra Cadeira IV), que lle vén de ser concedido á entidade local, a rexedora contempla a colocación dunha pérgola na mesma área recreativa e non o arranxo deste mobiliario.