LOURENZÁ, 9 de novembro do 2017.- O PP de Lourenzá, ante a “inoperancia da alcaldesa” solicita á Xunta de Galicia a reparación con urxencia da balaustrada de madeira situada na área do Ranchito, na entrada do pobo, así como a beirrarúa da mesma. Os populares “toman a dianteira” neste asunto ao ver que, malia que levan pedindo esta actuación dende 2015, a través de distintos Plenos, o Goberno local “sigue mirando para outro lado”.
Deste xeito, os populares pretenden tamén dar unha resposta á demanda de moitos veciños, xa que o peche non é só ornamental, senón que serve tamén para evitar a caída de persoas por un precipicio de considerable altura que se atopa ao carón dun parque infantil; situación que se agrava “co afundimento cada vez máis pronunciado da beirarrúa”, matizan.
É, por este motivo, polo que a intención deste grupo municipal é paliar un risco innecesario para os veciños que pasan todos os días por este espazo e para os turistas que poidan visitalo, especialmente se se ten en conta que os nenos son o público principal deste espazo.
Os populares critican así “a deixadez” da rexedora socialista, pois esta actuación puido levarse a cabo ao abeiro do Obradoiro de Emprego Serra Cadeira II, que o grupo do PP deixara en marcha cando estaba no Gobreno, e que tiña, entre outras funcións, o acondicionamento e arranxo de todos o mobiliario de madeira do muicipio; pero, que, finalmente, foi xustificado polos responsables locais sen acometer ninguha das actuacións para as que foi solicitado.
Neste senso, lamentan que a entidade local desaproveitase este proxecto, que se puxo en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia. “Formulamos varias peticións expresas, pero, unha vez máis, a deixadez dos socialistas mantén esta situación. Nin o arranxaron, nin colocaron ningún tipo de sinalización que permita identificar o perigo que ten para os usuarios”, precisan.
“Desfachatez e incoherencia”
E é que, “a desfachatez e a inchorencia da alcaldesa chega a tal punto”, indican, que, no canto de emendar a situación, no Obradoiro (Serra Cadeira IV), que lle vén de ser concedido á entidade local, a rexedora contempla a colocación dunha pérgola na mesma área recreativa e non o arranxo deste mobiliario “que non hai por onde collelo”, afirman.