Partido Popular de Lugo

O mozo fonsagradino José Luis Regueiro asume a presidencia da xestora do PP local

A FONSAGRADA, 4 de novembro de 2017.- José Luis Regueiro é dende este sábado o presidente da xestora que o Partido Popular vén de nomear en A Fonsagrada. Deste xeito, o novo elixido será o encargado de liderar este grupo que, ademais, do presidente está formado por unha secretaria (Lucía Mera Torneiro) e catro vogais (Antonio Rodil Álvarez, Amador Rego Murias, Andrés Fernández Fernández e José Manuel López Fernández).

 

A reunión estivo presidida pola presidenta e o secretario Xeral do PP na provincial, Elena Candia e Carlos Armesto, e contou tamén coa presenza de afiliados desta formación política e doutros cargos orgánicos do Partido, así como do presidente saínte, a quen todos os presentes lle agradeceron o traballo desenvolvido durante o tempo que estivo á fronte da agrupación local.

 

Deste xeito, Regueiro será o encargado de liderar a equipo de persoas “representativo” da realidade deste municipio, co fin, destacou Elena Candia, de que “o PP recupere a alcaldía en 2019”. Pola súa banda, o secretario Xeral fixo un chamamento “á unión, ao traballo e ao compromiso” para lograr que o Partido volte a ser “unha referencia política” para todos os veciños de A Fonsagrada.

 

O traballo dá os seus froitos”

Asemade, dende a dirección provincial amosáronse “satisfeitos e agradecidos” de que as distintas reunións mantidas nos últimos meses servisen para conformar un equipo de traballo que, dende hoxe mesmo, terá a tarefa de ser “un activo vivo” para solucionar os problemas da veciñanza.

 

“O traballo deste tempo dá os seus froitos. Temos por diante máis dun ano para convencer aos cidadáns de que somos a única alternativa seria, solvente responsable”. Por iso, remarcou Candia, “temos que ser capaces de trasladar ás eleccións municipais os bos resultados que obtivemos nas autonómica e nas xerais”.

 

Xuventude, formación e con gran futuro

José Luis Regueiro, que asume esta nova etapa dende “a humildade, pero tamén dende o enorme compromiso que conleva”, conta con tan só 30 anos de idade. E licenciado en Administración e Dirección de Empresas, así como técnico en Emerxencias Sanitarias. Na actualidade, traballa nunha empresa familiar moi coñecida no municipio e especializada na materia da que é técnico.

 

Con estas características, Carlos Armesto non dubidou en recoñecer que “estamos seguros de que a partir de hoxe haberá un antes e un despois no PP de A Fonsagrada. Hoxe damos o primeiro paso para recuperar a alcaldía, e facémolo cunha persoa xove que ten todo ao seu favor, así como o noso apoio, para conseguilo”, remarcou o secretario Xeral.