Partido Popular de Lugo

O PP de Burela afirma que “nada se sabe” do regulamento do mercado semanal nin do cambio de ubicación

BURELA, 2 de novembro de 2017.- “Burela non se merece un alcalde que minte reiteradamente”. Esta é a afirmación que fan dende o Grupo Municipal Popular, dado que a día de hoxe, “nada se sabe” do regulamento do mercado que o rexedor prometeu no seu día, e que, segundo o Plan Normativo para o presente ano, debería estar rematando a fase de participación cidadá e moi próximo á súa aprobación inicial, tal e como o dirixente dixo, propuxo e se aprobou no pasado pleno de xullo.

 

Os edís do PP vence, por tanto, na obriga de voltar a denunciar “a incompetencia do alcalde e o seu afán por soltar grandes titulares e despois non facer nada. Di que fai, pero non fai nada. E por riba minte compulsivamente, chegando a crerse realmente o que afirma. Vive nunha realidade paralela”, sinalan.

 

Falta á verdade compulsivamente”

“Falta á verdade compulsivamente”, aseguran os populares. Neste caso en relación co mercado dos venres que, no seu día (outono de 2015) dixo que levaría para Torrentes; despois, para as prazas do Concello e da Mariña e parte das rúas de Pardo Bazán e Eijo Garay. Anunciou que nas datas nas que estamos o mercado estaría cambiado, e segue no mesmo sitio. En setembro de 2016 falou do regulamento municipal correspondente e non hai escrito nin o título. “Nada de nada, como en todos os asuntos importantes do concello”, conclúen os populares.

 

Con estas cousas non se pode xogar”

Dende o Grupo Municipal afirman que “se alguén busca un exemplo de vagancia e de dicir que se fai sen facer nada, non hai máis que achegar a Burela e preguntar polo alcalde”. Deste xeito, lamentan profundamente o proceder do dirixente local, pois aseguran que “hai inquedanza entre os negocios da zona sobre a ubicación que se lle vai dar ao mercado, se é que se chega a cambiar, pero o alcalde semella ser alleo a esta inquedanza, que si se nos ten transmitido ao Grupo Popular. E con estas cousas non se pode xogar”, remarcan.

 

Seriedade e rigor”

Os populares esíxenlle ao alcalde e ao seu equipo “seriedade e rigor” cando falen dos asuntos que pensar abordar e nos prazos dos mesmos, de modo que, se non son capaces de cumprir con eles, recoñecelo públicamente; “algo que mesmo é bo como hixiene mental, a pesares de que é unha cuestión que Llano non ten incluido no seu código ético, porque el nunca asume responsabilidades e nunca ten a culpa de nada”, sentencian.