Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá denuncia “a falla de respecto institucional” do Goberno, pois este Grupo non está a ser convidado a actos de importancia para toda a Corporación como o da ruta da Faba

LOURENZÁ, 1 de novembro de 2017.- O PP de Lourenzá denuncia “a falla de respecto institucional” do Goberno local, que quedou demostrada na presentación a ruta da Faba, pois os concelleiros desta formación política, así como o resto da oposición, non foron convidados a este evento que se anunciou como unha iniciativa de “gran trascendencia” para o desenvolvemento económico e turístico do municipio.

 

“O certo é que esta non é a primeira vez que se produce esta situación”, lamentan os populares, pois na inauguración do Museo Permanente do Xoguete Tradicional, situado no Pazo de Tovar, “tamén aconteceu o mesmo, enterándonos de tal acto pola prensa”.

 

E é que non contar co resto de grupos da Corporación para a posta en marcha de proxectos dos que se presupón que conlevan certo beneficio para a cidadanía, evidencia que os dirixentes locais “carecen de talante democrático”.

 

“Non son capaces de entender que os veciños non precisan de políticos sectarios coma estes, e que só buscan o enfrontamento inútil. Os cidadáns o que queren son políticos que sumen esforzos e nos que aproveiten estas iniciativas para facer política”, remarcan.

 

Feito sen precedentes”

Deste xeito, dende o PP destacan que a rexedora e o seu equipo “están a sentar un feito sen precendentes, pois mentras o Partido Popular estivo á fronte do Concello, sempre se tivo en conta e se contou cos grupos da oposición.

Este tipo de actitudes son, segundo indican, “unha clara consecuencia do radicalismo no que está instalado a rexedora”, e que tamén quedou demostrado coa renuncia dun edil do seu Grupo. Por iso, consideran que “a alcaldesa debería de ter máis humildade política e evitar esta radicalización”.

 

A este respecto, defenden que a xestión municipal debe de estar á marxe “do malestar interno que teñen e o desgoberno que vive o Partido Socialista a nivel xeral”.