Partido Popular de Lugo

Elena Candia valora positivamente a proposta de investir 15 millóns nas estradas provinciais, pero demanda un maior esforzo nesta materia nos próximos dous anos

LUGO, 31 de outubro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular, tal e como xa anunciaron en días pasados, apoiaron a proposta que inclúe un investimento de 15 millóns de euros para a mellora de estradas provinciais en todos os Concellos da provincia, pois supón, segundo indicou Elena Candia, “un paso máis nesa imaxe de resolución e de cooperación que vimos mantendo dende este Grupo”. Neste senso, a voceira popular valorou positivamente a iniciativa, xa que se trata dunha demanda que esta formación política leva pedindo en distintas ocasións.

 

Con todo, Candia subliña que esta cantidade “non é suficiente para repoñer o estado das arterias de comunicación, pois durante anos houbo discriminación neste senso”. De feito, os membros desta formación política, a través das propostas presentadas dende o ano 2016, esixían a posta en marcha dun plan máis ambicioso de 45 millóns de euros; de aí que indicase “que no ano 19 non deberiamos de conformarnos con este 15 millóns”.

 

“En distintas ocasións puxemos en evidencia unha discriminación porque algúns Concellos teñen unha rede viaria moi avanzada e outros unha importante desatención. Non se corrixe ao 100%, pero este é un paso importante tendo en conta a realidade política desta Deputación”, precisou.

 

Abertos á negociación” e transparencia

Así, recoñeceu que “podemos estar lixeiramente satisfeitos porque seguimos dando pasos pola provincia. 15 millóns notaranse pero todos sabemos que non van ser suficientes e non debe circunscribirse é operación que hoxe debatemos”; de aí que anunciase que “estamos abertos á negociacións, co fin de que o organismo provincial incremente as partidas destinadas á mellora da rede viaria nas próximas anualidades.

 

A este respecto, solicitou transparencia no procedemento e xestión do plan, “de xeito que os proxectos se vaian facendo con total información aos afectados, e así poidamos seguir paliando as deficiencias que teñen as estradas provinciais”, concluíu.

 

Reivindicación histórica”

Os populares deron o visto e prace a dito plan “nun exercicio de coherencia”, xa que resposta a unha reivindicación histórica do Grupo do PP, pois esta formación demandou a posta en marcha dun plan semellante en numerosas ocasións. A máis recente data de xullo de 2017, e foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria dese mes.

 

Deste xeito, o Partido Popular volta a tomar a dianteira naqueles asuntos que son importantes para a provincia e o interese xeral dos lucenses. Así aconteceu, por citar algún exemplo, na posta en marcha do Plan Único ou a aprobación dos Orzamentos.