Partido Popular de Lugo

O PP provincial nomea presidente da xestora de Monterroso ao empresario José Vence

MONTERROSO, 11 de outubro de 2017.- O PP provincial nomea presidente da xestora de Monterroso ao coñecido empresario local, José Vence. Foi no transcurso da xuntanza que a presidenta, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, mantiveron a última hora do día de onte cos compañeiros e afiliados da agrupación local.

 

O novo responsable asume o cargo “con ilusión”, enfocando o seu obxectivo nas vindeiras eleccións municipais. Neste senso, como primeira medida, aposta “por un grupo de traballo e un equipo que traballe co compromiso de detectar as necesidades dos veciños e intentar chegar a compromisos que redunden no beneficio dos mesmos”.

 

Deste xeito, xunto con Vence, o resto de integrantes que forman a xestora aprobada no día de onte, son os seguintes: María Jesús Fernádez, secretaria; e vogais: Pilar Varela Rojo, Emilio Núñez, María José Liñares, José Manuel López, Felicidad Portomeñe, Antonio Prado, Rocio Portomeñe, Marcos Portomeñe e Sonia Castro.

 

O perfil axeitado”

O novo presidente ten 36 anos. É un empresario moi coñecido no municipio debido ao taller de automoción que rexenta e conta cunha gran vinculación co Partido e a política local. Con estas características, a dirección provincial amósase profundamente convencida de que reúne “o perfil axeitado” para “medrar neste concello”, afirma Elena Candia.

 

Na mesma liña, Carlos Armesto anima ao novo presidente, así como a todos os integrantes do grupo, a “seguir traballando para que o PP sexa un referente non só en Monterroso, senón tamén en toda a comarca da Ulloa.

 

José Vence asume así este cargo, logo de que o seu precedor, Pablo Losada, decidise deixar o posto por motivos persoais e de saúde que lle imposibilitan prestar toda a dedicación que require un cargo político deste tipo.

 

Reforzando o Partido

Con este nomeamento, a dirección provincial continúa a reforzar o Partido por toda a provincia. Deste xeito, Monterroso súmase a outros celebrados recentemente, e que corresponden ás agrupacións de O Saviñao, Cervo, Ourol, Xermade, Lugo, Cervantes e A Pastoriza e que lideran Carlos Armesto, Alfonso Villares, Carlos Ríos, Antonio Riveira, Ramón Carballo, JavierSantín e LuisCabado, respectivamente.