A MARIÑA, 6 de outubro de 2017.- O deputado autonómico e secretario de Organización, Daniel Vega, pregúntase que interese teñen “os sujeta-pancartas, cando eles mesmos saben que, coa reforma sanitaria, os pacientes son os grandes beneficiarios”. O popular censura deste xeito que certos alcaldes e membros de sindicatos “estean a participar nun xogo cuxo fin último é enganar á cidadanía”; sobre todo, aclara, “cando son os mesmos que en 2008 querían e defendían unha área con Ferrol”.
“Estes sujeta-pancartas deben dar explicacións públicas de que é o que pretenden con isto, ou mellor dito, de que é o que queren. Hai 9 anos dicían unha cousa e hoxe din outra moi diferente. Esta é a incongruencia destes falsos profetas que non teñen credibilidade ningunha, pois a norma reforza a función e autonomía do hospital”.
E é que, tal e como xa manifestaron en varias comparecencias públicas distintos representantes do Partido Popular, incluso o propio presidente da Xunta no debate do Estado de Autonomía, os centros comarcais non van perder servizos, senón que os gañan e, o que é máis importante, que evitan que os cidadáns se teñan que desprazar a outros hospitais. No caso de A Mariña, sería ao HULA.
Por tanto, Daniel Vega critica que se congratulen do éxito da concentración, cando se pode comprobar que estes “sujeta-pancartas” mobilizaron xente doutros lugares como pode ser Monforte de Lemos ou incluso o Barco de Valdeorras; cuestión “que demostra o afán que perseguen”. “Unhas 2.000 persoas manifestándose nunha poboación de 80.0000 que é a que dá servizo o noso hospital xa o di todo”, indica.
Así de contundente se manifesta o secretario de Organización do Partido Popular e deputado autonómico, pois todos os veciños de A Mariña saben que o investimento que o Goberno galego está a facer no hospital de A Mariña, e que ascende a 20 millóns de euros, é o maior realizado por esta administración nos últimos tempos. “O tempo é o que dá e quita razóns…. Cando un pasa a ser coñecido por ser un sujeta-pancartas pouca credibilidade ten e pouco percorrido político ten”, afirma.
Neste senso, lamenta que “se atrevan” a cuestionar o traballo da xerencia ou da dirección do hospital, cando “son profesionais que están a facer un excelente traballo e estanse a deixar a pel para que os mariñanos dispoñamos dunha boa calidade asistencial”.
“Insisto, estamos diante duns sujeta-pancartas que, como a propia palabra indica, buscan o seu minuto de gloria cunha foto. Fronte a isto, dende o Partido Popular e dende a Xunta de Galicia seguiremos pelexando, traballando e arrimando o hombro para que todos os galegos sigamos tendo un dos mellores sistemas sanitarios de Europa”, subraia.