Partido Popular de Lugo

O PP de Cervantes agradece a proposición de Medio Rural para dotar ao Concello dun novo tractor para o desbroce das vías municipais

CERVANTES, 28 de setembro de 2017.- O PP de Cervantes agradece a proposición de Medio Rural para todar ao Concello dun novo tractor para o desbroce de vías municipais. Deste xeito, o voceiro municipal, Javier Santín, pon en valor a disposición do Goberno galego, que aportaría 90.0000 euros para a adquisición deste vehículo, así como doutros dous apeiros razodara (unha de arrastre e outra de brazo) para realizar estes labores de limpeza.

 

“Trátase dunha importante achega que contribuirá tamén á mellora da calidade de vida no rural, ao ter en condicións óptimas a rede viaria, e a loita contra os incendios forestais”, precisa o voceiro popular, pois o vehículo pasará ao parque móbil municipal unha vez que se produza a sinatura.

 

“Somos un municipio moi disperso, no que a xente tamén vai a menos e, por tanto, este tipo de traballos que, noutrora se facían incluso a título particular, se fan moi necesarios, xa que redundan no beneficio do interese xeral dos veciños”, engade Santín.

 

Mellora do estado e prevención dos lumes

Concretamente, a Xunta de Galicia, a través do departamento autonómico, ofreceu xa á entidade local asinar este acordo para o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal. É por este motivo polo que os populares destacan “a sensibilidade e a vontade colaboradora que demostra o Executivo de Feijóo”, pois a conservación das estradas e camiños de Cervantes necesitan dunha importante cantidade de recursos e de grandes esforzos.

 

E é que a conservación en bo estado e libre de maleza das cunetas e das marxes dos camiños e estradas “é un elemento de vital importancia para manter o bo estado dos firmes e a seguridade na circulación sobre eles e para a prevención dos lumes”, apuntan.

 

Apoios de Medio Rural

Esta importante iniciativa dá continuidade “ao máis apoios” da consellería de Medio Rural. E é que este departamento está a realizar unha importante aposta por mellorar os servizos no rural de Cervantes con outras iniciativas como o Plan Marco de mellora de camiñosou o convenio de prevención de incendios, remarcan dende o grupo municipal.