Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde destaca o incremento do servizo de axuda no fogar da Xunta, cifrado en máis 3.500 horas anuais

CASTROVERDE, 26 de setembro de 2017.- A voceiro do PP en Castroverde, María Gómez Pallín, agradece publicamente á Xunta de Galicia que incremente a axuda no fogar neste municipio con máis de 3.500 horas máis ao ano. Deste xeito, a popular pon en valor que, grazas “á vontade política do Goberno galego”, mellorarase a calidade de vida destas persoas, así como das súas familias”. E é que este incremento supón tamén un aumento nas horas mensuais, e que ascende a 292.

 

“Queremos recoñecer de xeito público a axuda da Xunta de Galicia; unha colaboración que supón claramente que as persoas son unha prioridade para o Partido Popular”. E é que, subliña a popular, “reforzar este servizo cobra más valor se cabe dado que temos unha poboación avellentada, polo que todo o que se faga neste eido sempre é ben recibido e, en consecuencia, polos veciños de Castroverde que o necesitan”.

 

Por elo, dende o grupo municipal consideran que se trata “dunha boa nova que debemos trasladar aos cidadáns”, xa que, por outra banda, grazas a esta iniciativa, o Goberno galego tamén contribúe a crear emprego e a manter os postos de traballo existentes neste Concllo ao abeiro da atención á dependencia.

 

Gómez Pallín agradece así a colaboración e “a sensibilidade” do Goberno galego, pois este servizo farase efectivo a partir deste mesmo mes, tal e como indicou recentemente a consellería de Política Social.

 

A iniciativa enmárcase na partida de 2,9 millóns de euros que o departamento autonómico destina a este fin, e que inclúe a prestación de 25.710 horas adicionais mensuais; o que supón que, cada ano, se porá a disposición dos concellos 308.515 horas complementarias no Servizo de Axuda no Fogar.