Partido Popular de Lugo

O PP consegue a unanimidade do Pleno para que os bombeiros se rexan por unha xestión directa, o que permitirá que sexan traballadores públicos e poida ser efectiva a equiparación salarial que demandan

Lugo, 26 de setembro de 2015.- O Grupo Provincial do PP consegue a unanimidade do Pleno da Deputación para que os bombeiros se rexan por unha xestión directa, o que permitirá que sexan traballadores públicos e poida facerse efectiva a equiparación salarial que demandan.

 

Os populares lamentaron que se o PP non trouxera unha proposta ao Pleno no mes de xuño e o presidente do Consorcio o metera na orde do día na reunión de onte, non estaríamos aquí. Explicaron que a resposta do PP é clara: sí a dignificar e á xestión directa para que teñan esa condicións de traballadores públicos e que cobren igual.

 

Desde o PP sinalaron a importancia de manter esta moción, posto que cando foi presentada os acordos que se demandan non estaban aínda confirmados polo Pleno do Consorcio, cuxa reunión se celebrou onte. Agradecen que as administracións sumaran esforzos en 2011, o que trouxo consigo que a provincia teña un magnífico servizo, moi ben valorado pola cidadanía.

 

“En 2011 tomouse unha decisión importante e agora é o momento de mover ficha e o PP xa se posicionou en diferentes plenos con valentía e fixemos unha aposta clara por recuperar a xestión directa e que o servizo o presten as institucións para equiparar a todos os bombeiros, o que redundará na calidade do servizo”, engaden.

 

Desde o PP lamentan que o Goberno socialista da Deputación non tivera a axilidade desde que existe a parte consignada no Orzamento da Deputación Provincial de Lugo de 2017 para a equiparación salarial dos bombeiros, porque se o tiveran posto en coñecemento do Consorcio xa o terían cobrado. “Se conseguimos acelerar os pasos para ir á xestión directa no ano 2019 e conseguimos funcionalizar o servizo van gañar e cobrar o mesmo. Axilice, recupere a súa condición de traballadores públicos e que cobren todos igual”, reclamaron os populares.

 

Garantir que as empresas cumpren o seu contrato

Por último, desde o PP insistiron en que o Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo Contra Incendios e Salvamento vixíe e esixa o cumprimento por parte das empresas adxudicatarias das condicións do prego e das melloras achegadas no seu día para optar á xestión do servizo dos parques de bombeiros.

 

Os populares trasladaron esta petición ante a información que teñen achegado os traballadores que fai sospeitar que as empresas adxudicatarias están a incumprir o prego de condicións e as melloras por elas presentadas para optar á xestión do servizo.