Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP logra o compromiso da Deputación para rehabilitar e por en valor o pazo de Bon Aire

Lugo, 26 de setembro de 2017.- O Grupo Provincial do PP acada o compromiso do Goberno da Deputación para rehabilitar e por en valor o pazo de Bon Aire, situado na parroquia de Masma, e que na actualidade en estado ruinoso tras ser destruído por un incendio.

 

O Grupo Provincial do Partido Popular levou a Pleno da institución lucense unha pregunta, da que se deu conta na sesión celebrada hoxe, a través da que os populares querían coñecer os plans que o Goberno de Darío Campos tiña para rehabilitar o pazo mindoniense de Bon Aire. O inmoble fora cedido polo Bispado á Deputación e, pese a ter rematado o prazo de cesión, no convenio establecíase que debe que ser devolto no seu estado primitivo.

 

A voceira do Grupo Popular e tamén alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valora o compromiso acadado pola Deputación para intervir neste inmoble e agarda que deseñen un plan de actuación para rematar co seu estado de abandono.

 

Candia tamén anuncia que levará a Pleno da Deputación e ao Concello de Mondoñedo unha iniciativa a través da que se proporá a creación dun grupo de traballo no seo do que se tomen as decisións encamiñadas a actuar no inmoble, na que tamén estea presente o seu titular.