Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “As plataformas sanitarias, co apoio das forzas de esquerda, busca condicionar a vontade dos lexítimos representantes dos veciños e converter os plenos municipais nun comedia e nun espectáculo bochornoso”

A MARIÑA/MONFORTE DE LEMOS, 26 de setembro de 2017.- “As plataforma sanitarias, co apoio das forzas de esquerda, busca condicionar a vontade dos lexítimos representantes dos veciños e converter os plenos municipais nunha comedia e nun espectáculo bochornoso”. Así de contundente se manifesta o secretario de Organización do Partido Popular e deputado autonómico, Daniel Vega, logo das últimas manifestacións que están a realizar ditas organizacións, coa que “o único que pretenden, indica, é intentar intimidar aos concelleiros e alcaldes que democraticamente desenvolven o seu labor nas sesións plenarias”.

 

“Isto é algo inaudito”, afirma, ao tempo que recoñece amosarse “sorprendido con esta forma de facer política, que raia o absurdo”. “Case parece un debate de bar, teledirixido por certos Partidos que, no canto de facer propostas que beneficien aos cidadáns, basean a súa acción de goberno ou de oposición na toxicidade”. Deste xeito, para Daniel Vega, “isto é como a vida mesma: para intentar tapar que non teñen argumentos cribles e rigorosos, moitas veces non queda máis remedio que recorrer á demagoxia e á propaganda”.

 

Sen percorrido” e “son os mesmos”

A este respecto, Vega considera que “saben que non teñen percorrido ningún”, pois “o Hospital de A Mariña continúa en obras e, no de Monforte, gañáronse servizos”. Pero, é que, ademais, coa nova reforma estes centros consolidaranse aínda máis, garantindo aos doentes que, “son a única e máxima prioridade”, que non se teñan que desprazar a Lugo, destaca.

 

O popular censura “esta comedia” porque, ademais, os integrantes das plataformas “son os mesmos que hai anos mentían cando dicían que se ía pechar o Hospital de A Mariña e, hoxe, non só está aberto, senón que a Xunta de Galicia destina á súa ampliación 20 millóns de euros”.

 

Debate estéril e falso”

Por tanto, apunta, “neste debate estéril e falso sempre nos van a ter en contra”, pois os dous hospitais comarcais que hai na provincia non van perder autonomía. “Poden seguir faltando ao respecto, poden seguir facendo pancartas, poden seguir creando falsas alarmas… pero os feitos son os que dan e quitan razóns, e aquí, a única realidade é que esta reforma beneficia ás persoas”, remarca.

 

Falsos alarmistas”

“Teñen moita dialéctica pero, con estas actuacións que só serven para facer ruído e vender fume, o único que conseguen e alonxarse do cidadán, pois mentras o Goberno galego deu un prazo para facer alegacións, non dixeron nada de nada”.

 

Por tanto, conclúe, “son falsos alarmistas”, xa que “se tiveran altura de miras e lles preocupase a Sanidade de verdade, farían as súas reclamacións polo cauce oficial, que é o único válido. Pouco importan as palabras, se logo estas non se traducen en feitos”. Por este motivo, Daniel Vega convida á plataforma a que “abandone a demagoxia e a aqueles que os están utilizando para facer dunha cuestión tan importante para o cidadáns, como é a Sanidade, unha comedia política”.