TRIACASTELA, 16 de setembro de 2017.- Sara Ruíz Rubio asumiu este sábado a presidencia de Novas Xeracións de Triacastela. Foi no transcurso dunha xuntanza, que estivo presidida pola presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto, e a presidenta da agrupación xuvenil na provincia, Rosa Arza, e na que participaron entre outros cargos orgánicos do Partido e da comarca, como a alcaldesa da localidade, Olga Iglesias.
A nova dirixente ten 26 anos e é estudante de Veterinaria. Xunto a ela, integran a executiva local os seguintes mozos: secretario xeral, Senén Fernández Argiz; coordinador xeral: Jose Luis Celeiro Raposo; e vogais: Iván Vilarín Díaz, Amelia Arias Rey, Bruno Félix do Nasimento Ferreira, Rocio Pombo Castrillón e Yolanda Carballo Bahhaj. Asemade, a agrupación conta cun grupo de colaboradores, que son os seguintes: Iván López López, Olalla Rodríguez López, Thulio Felix do Nasimento Ferreira, Cristian Fontal López e Daniel Gómez Pérez.
Elena Candia agradeceu “o paso á fronte” tanto de Sara como da nova executiva para conseguir que o PP sexa “un instrumento útil e que cada vez sexan máis mozos os que se sintan identificados con el”, pois, indicou, “somos o único Partido que verdadeiramente defende os valores democráticos nos que a maior parte da poboación se sente representada”.
“Non se trata de impoñer nada, para iso xa están otros. Non se trata de empaquetamentos ou adoctrinamientos; trátase de apostar por políticas útiles, que son as que non están permitindo que cada vez menos mozos estean no paro, mellorar o sistema educativo ou sanitario, reforzar os sectores produtivos -aquí tedes a gandeiría e o Camiño-, reactivar a economía…”, sinalou.
A elixida amosouse visiblemente emocionada, pois recoñeceu que afronta a nova etapa “con moita ilusión e compromiso”. Neste senso, promete “honestidade e responsabilidade” nas súas atribucións.
Como retos, destacou o seu desexo de “participar co partido local abertamente en todo o que precisen; traballar con todo o meu equipo; colaborar con Novas Xeracións de Lugo e de Galicia, e tamén cos compañeiros na área de xuventude para apoiar a mocidade local, á que a nosa alcaldesa sempre tivo en conta dunha maneira activa”.
Tamén tivo palabras de agradecemento para os seus compañeiros, así como para o pobo no que se criuou, Cancelo, e para a súa familia, destacando especialmente ao seu avó; “unha persoa que amaba o Partido, e que se sentiría orgulloso deste día”, afirmou.
Curso político
A constitución da agrupación de Triacastela enmárcase dentro do obxectivo que persegue a dirección provincial xuvenil. Deste xeito, a súa presidenta, Rosa Arza, destacou “que estamos a traballar para seguir sumando máis caras novas”. De feito, sinalou, “o obxectivos que nos marcamos no novo curso político e ir renovando as agrupacións locais, ao igual que fixemos hoxe e, con anterioridade, en Sarria”.