NAVIA DE SUARNA, 15 de setembro de 2017.- O PP de Navia de Suarna alégrase de que a entidade local saldase a débeda contraída coa auxiliar de axuda a domicilio, que ascende a máis 3.000 euros. Non obstante, quere poñer de relevo unha cuestión que, afirman, “non é menor”, pois, dadas as declaracións realizadas polo alcalde o día 13, el mesmo recoñeceu que o problema existía e que esa cantidade estaba sen pagar; o que evidencia, din, “a escasa ou pouca dedicación que o socialista lle presta ao Concello, xa que, se a situación fose diferente, non houbese dito isto e, sobre todo, esta irregularidade non se tería producido”, afirman.
E é que, “se houbese vontade de pagar, non habaría unha sentenza que así obriga ao Concello a facelo”, incide o voceiro do PP, ao tempo que matiza: “o PP non é quen lle di que a ten que executar, dillo unha resolución xudicial”.
Por outra banda, Jesús Fernández alegráse de que o rexedor fixese caso á petición deste grupo municipal de aplicar “a mesma vara de medir” ao resto de traballadoras que se atopan na mesma situación.
A débeda acumulada coa traballadora desglósabase do seguinte xeito: 1.433 euros corresponden a dietas de quilometraxe e 1.372 por salarios que non percibiu; cantidades ás que hai que sumar os xuros de demora correspondentes ao 10% anual sobre esta última cantidade. A este respecto, os populares seguen mantendo que, co fin de que non se volva a producir unha situación semellante cun traballador do Concello, esixirán explicacións ao rexedor socialista sobre este asunto no vindeiro Pleno que celebre a Corporación municipal.