Partido Popular de Lugo

O PP DE VIVEIRO RECOMENDALLE Á ALCALDESA MENOS “CHORIQUEOS” E MÁIS XESTIÓN

Lamentamos que, unha vez máis, o noso Concello sexa noticia polos “choriqueos” da Sra. Alcaldesa e non polo bo resultado das súas xestións.

 

Ao PP de Viveiro xa non nos sorprende esta actitude tan pueril de arremeter contra distintos cargos da Xunta de Galicia, nun intento de ocultar a súa ineficacia na súa casi inexistente xestión.

 

Esta vez a súa pataleta vén a conta da visita efectuada o pasado 25 de agosto da Directora Xeral de Xuventude ó Albergue de Area, onde efectivamente non houbo ningún representante do equipo de goberno socialista, estando presentes membros do noso grupo ó ser avisados telefónicamente.

 

O que non conta a Sra. Alcaldesa nos medios e que foi invitada dende ese organismo da Xunta a través dun correo electrónico enviado ó Concello o 17 de agosto, pero que ó parecer non lle foi entregado en tempo e forma polo traballador municipal de turno. Así mesmo, tampouco conta que a Dirección Xeral de Xuventude chamou para confirmar que no Concello tiñan recibido ese e-mail, asegurando a Alcaldesa que non puido identificar cal foi o departamento que recibiu a chamada, non tendo polo tanto constancia da mesma.

 

Coma sempre a Sra. Alcaldesa tenta escurrir o bulto botándolle a culpa a uns e a outros, nun primeiro momento nos medios a Dirección Xeral da Xuventude e logo posta en comunicación coa propia Dirección Xeral botándolles a culpa ós traballadores municipais. O noso grupo non nos extraña este modo de actuar, porque a Sra. Alcaldesa nunca ten a culpa de nada, sempre é a vícitma.

 

En vez de actuar deste xeito podería ter sido máis eficaz e colaborar a mellorar os usos do Albergue, outorgándolles un vado que solicitaron en marzo e se lles deu sobre a bocina para empèzar a actividade en xullo, ou mesmamente cando colocaron as pasarelas de acceso á praia de Area, colocar de paso as do Albergue por onde baixan á praia as embarcacións coas que se imparten os campamentos de verán, que tiveron que ser colocadas polos responsables da instalación.

 

Estes episodios xa non son novos, posto que en xaneiro do 2016 a raíz dunha visita do Conselleiro de Educación o IES María Sarmiento xa puxera exactamente a mesma disculpa que agora e non acudirá nin ela nin mandou representación.

 

Máis reciente, de xaneiro do 2017, é o “plante” que lle fixo ó Presidente da Xunta cando este a invitou á inauguración do tramo da VAP Area – Beltrán, sendo ela coa súa decisión a que ninguneou a todos os veciños de Viveiro que sempre queremos que a nosa Alcaldesa este presente representándonos en todos os actos organizados polas distintas administración, e máxime nun acto coma este no que poder falar directamente co Presidente da Xunta sobre temas que afectan a Viveiro, tal e como si fixeron outros alcaldes dos diferentes Concellos de A Mariña.

 

Dende o PP de Viveiro imoslle pedir á Sra. Alcaldesa que se adique a facer boas xestións que melloren a calidade de vida dos veciños de Viveiro, xa que leva demde o 2014 coma Alcaldesa e vaille sendo tempo de que empece a facer algo máis que queixarse.