Partido Popular de Lugo

O PP de Burela asegura que “hai moitos desbroces pendentes de facer”

BURELA, a 10 de agosto de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés solicítalle ao alcalde que “que se dea unha volta por Burela, e que tome boa nota do estado que presentan as nosas rúas e mesmo as praias, xa que hai moitos traballos sen facer en materia de desbroces”.

 

Desde o PP aseguran que “a día de hoxe, e xa co verán entrando na recta final, podemos ver como a maleza chega case que ao medio das escaleiras de baixada á praia de A Marosa, ou como a maleza invade parte das beirarrúas na Avda. da Mariña, á altura de ECESA, e tamén na Rúa do Barridal, calquera das dúas bastante transitadas”, salientan.

 

Asemade, indican que “esto, antes, non se tiña producido, e tampouco se pode culpar a ninguén, como acostuma a facer o alcalde. En todo caso, o culpable é el, por non ser capaz de organizar ben o traballo, visto que o tenente de alcalde resulta ser un auténtico inepto para estas cousas”, aseguran.

 

Os populares volven a reiterar “por enésima vez, que todo o que se nos dixo que Burela melloraría co cambio de empresa para facer a recollida de lixo e a limpeza viaria foi unha enorme mentira do Sr. Llano, que agora non é capaz de poñer remedio aos problemas que seguen plantexando estes dous servizos, a e nova empresa xa leva catro meses e medio con estas prestacións, que se teñen convertido nun desastre. Vímolo este sábado da Festa do Bonito, e levámolo vendo nestes últimos catro meses e medio”, insisten.

 

Desde o GMP consideran que “o servizo estase a facer de forma deficiente; lembramos que a factura do mes de abril abonouse sen que existiran os preceptivos informes que sobre a execución do servizo teñen que facer a empresa e os técnicos municipais”. Por iso, solicitarán os expedientes das facturas dos meses de maio, xuño e xullo para verificar que se está cumprindo escrupulosamente co que especifica o pliego mediante o que se adxudicou esta prestación.