BURELA, 31 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela denuncia “o impresentable estado no que se atopaban os servicios hixiénicos da área recreativa do Monte Castelo nos primeiros días da romaría”
Os populares indican que, “concretamente, os servizos hixiénicos situados ao leste da área recreativa eran os que estaban en peor estado, xa que presentaban un aspecto de descoido, con restos de desperdicios e vexetais, e mesmo sen subministro eléctrico”.
Dende o Grupo Municipal fan constar que “antes, como norma xeral, os servizos hixiénicos eran limpados a fondo con antelación suficiente, e se procedía a unha revisión dos mesmos, tanto no que se refire a funcionamento coma a danos existentes nos mesmos, para poder telos en condicións óptimas no inicio da Romaría que, “como sabemos, concentra un bo número de romeiros”. Pois ben, os populares indican que, “co goberno socialista, parece que non todo está como eles nos queren vender. Semella que non é ouro todo o que reloce, xa que poidemos constatar que esa limpeza e mantemento non se efectou en tempo e forma”, subliñan.
Os edís populares pídenlle ao goberno municipal que “se deixe de propaganda, e se centre no traballo que ten que facer, e en facelo como se merece a cidadanía de Burela”, remarcan.