Partido Popular de Lugo

O lucense Juan Antonio Gallego designado membro do Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG

LUGO, 30 de xullo de 2017.- O cervense Juan Antonio Gallego Prieto foi designado no día de onte pola Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia membro do Comité de Dereitos de Garantías autonómico. A súa elección prodúcese a proposta da dirección provincial lucense.

 

Toño Gallego, de 37 anos, é Licenciado en Dereito –con especialidade na dirección e xestión de recursos humanos e prevención de riscos laborais-. Na actualidade forma parte da Xunta Directiva provincial na súa condición de vicesecretario sectorial de participación e traballa no Gabinete da Delegación territorial da Xunta en Lugo baixo a dirección de José Manuel Balseiro.

 

O Comité de Dereitos e Garantías é órgano encargado de asegurar o exercicio dos dereitos dos afiliados e instruír e resolver os procedementos disciplinarios que na orde interno poidan seguirse contra membros do Partido Popular e, no seu caso, aplicar o réxime sancionador previsto nos Estatutos e Regulamentos. Resolve tamén conflitos, en segunda instancia, que poidan xurdir no ámbito congresual inferior ao autonómico, este incluído.

 

Toño Gallego agradeceu a confianza recibida polas direccións provincial e autonómica do Partido Popular e púxose a disposición do presidente deste Comité que en Galicia preside o deputado no Congreso Celso Delgado.