A PONTENOVA, 28 de xullo de 2017.- O deputado no Parlamento de Galicia, Daniel Vega, acompañado do voceiro popular en A Pontenova, David Álvarez, mantivo a última hora da tarde de onte unha reunión con veciños e afiliados deste municipo a quenes lles trasladou os beneficios da rebaixa fiscal impulsada pola Xunta de Galicia para a adquisición dunha vivenda no rural. Deste xeito, o popular quixo poñer en valor a iniciativa do Goberno galego, pois inclúe a eliminación dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade.
Esta rebaixa aplicarase en todas parroquias galegas e, por tanto, tamén en A Pontenova para “atallar”, indica Vega, “o forte despoboamento dos municipios do interior”. En concreto, o 36,1% dos núcleos de poboación que se beneficiarán desta “importante iniciativa” corresponden á provincia de Lugo, o 25,9% á de Ourense, o 23,5% á de A Coruña e, o 14,5%, á de Pontevedra.
Na porcentaxe lucense, un total de 12 parroquias pertencen ao municipio mariñano. Son as seguintes: Santo Estevo de Recesende, San Xoán de Recesende, A Pontenova, Vilaboa (San Xulián), Vilameá (San Vicente), Vilaoudriz (Santiago), Vilaoudriz (San Martiño), Vilarmide (O Salvador), Xudán (Santa María Madanela), Bogo (San Pedro), Conforto (Santa María) e A Pontenova (Sagrado Corazón).
A medida, explicou o deputado, complementa, ademais, o programa de impostos cero no rural aprobado en 2016, e que ten como obxectivo favorecer a mobilidade terras, propiciando a súa transmisión ao sector agrario, así como facilitar que as explotacións accedan a solo agrario con menos custo. En total, máis de 8.000 contribuíntes non pagaron estas taxas o pasado ano para a adquisición dun ben rúsitico ou ampliar unha explotación agrogandeira.
Continuidade á rolda de encontros
Con esta xuntanza, Daniel Vega deu continuidade á rolda de encontros que está a ter con simpatizantes A Mariña, e a través dos que pretende escoitar a afiliados e á cidadanía en xeral, así como levar as súas propostas alá onde o Partido Popular ten representación política e institucional. Previamente, o deputado, acompañado tamén do voceiro de Orzamentos no Congreso, Jaime de Olano, tamén mantivo reunións coa afiliación de Ribadeo, Viveiro e de O Vicedo, así como coas confrarías dos portos de Burela e Celeiro, con ABSA e APP de Burela, ademais de cos representantes de Cáritas Diocesanas en Viveiro e do municipio ribadense.