Partido Popular de Lugo

O PP de Láncara esixe ao Concello que cumpra os acordos de Xuntas de Goberno e de Pleno sobre amellora de accesos e á realización dun inventario que permita priorizar o investimento en vías locais

LÁNCARA, 26 de xullo de 2017.- O Partido Popular de Láncara interesarase no Pleno de mañá pola xestión do Goberno local respecto de distintas iniciativas que foron aprobadas en Xunta de Goberno e en sesión plenaria, pero “nas que, lamentablemente, non se avanzou, incumpríndose así os acordos adoptados”. É o caso da mellora de distintos accesos a núcleos de poboación que se atopan “nun estado moi deficitario”, e cuxo acondicionamento foi ratificado polos grupos políticos a través destes órganos.

 

Concretamente, na Xunta de Goberno Local do 5 de xullo de 2017, déuselle o visto e prace ao arranxo de determinados camiños, entre os cales figura o pavimentado de acceso a algunha granxa ou establo. Asemade, no Pleno de novembro de 2016 tamén se aprobou a iniciativa do Partido Popular na que se esixía ao Concello realizar un inventario de camiños, que permitiría priorizar os investimentos neste eido, e dunha maneira máis obxectiva.

 

“A realidade é que, a día de hoxe, pouco ou nada se avanzou neste asunto”; de aí que os populares decidan interesarse pola xestión realizada pola entidade local a este respecto.

 

“Nós estamos dacordo na necesidade de ter bos accesos aos establos, pero parece correcto preguntarse se esto é máis prioritario que o acceso pavimentado a vivendas. No noso municipio aínda existen unhas cantas casas sen acceso pavimentado, como as de Ronfe-Pousadela, casa da Cancela en Cedrón, casa de Freitas en Láncara, casa de Sampaio en Armea de Abaixo, casa de Pepín en Aixor, etc. Por tanto, demandaremos que o equipo de Goberno nos dea explicacións de como vai este inventario ou que é o que ten previsto facer a este respecto”, indican.

 

Iniciativas turísticas

Noutra orde de asuntos, e coñecedores de que no Concello de Láncara a actividade económica fundamental é a gandeiría, pero a turística “tamén debe ser impulsada”, preguntarán ao alcalde se a entidade local está a tomar algunha medida para impulsar o turismo que sexa máis que, por exemplo, potenciar o Camiño Real cuns carteis”.

 

Por outra banda, e tendo en conta que se solicitou á Xunta de Galicia unha axuda, publicada no DOGA do  20/1/17 e que estaba destinada á mellora e señalización dos recursos turísticos no medio rural por importe de preto de 120.000 €, e que permitiríaa construción ou mellora de miradoiros, praias fluviais, aparcamientos, rutas e sendeiros, eliminación de barreiras arquitectónicas, paneis interpretativos, así como a retirada de sinalización obsoleta deteriorada ou redundante, “tal e como xa pediramos no pleno do 26/01/17, preguntaremos en que se pensan empregar estes fondos e a que se pretenden destinar”, destacan o voceiro Santiago Cubillas.

 

Outros asuntos

Os populares, tal e como indica o seu representante no Concello, tamén se interesarán polosmotivos polos que non se conseguiu o Obradoiro de Emprego da Xunta de Galicia e solicitaránque se emita un Bando da Alcaldía lembrando aos veciños as distancias permitidas das plantacións forestais coas casas e camiños. E é que esas distancias mínimas permiten actuar mellor en casos de incendios, así como un mellor mantemento das estradas e pistas.