Partido Popular de Lugo

O PP esíxelle ao presidente da Deputación “que deixe de xogar politicamente coas residencias” e que inicie canto antes as de Portomarín e O Courel

LUGO, 24 de xullo de 2017.- A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Elena Candia, anuncia que, no Pleno deste mércores, esixirá ao presidente da Deputación que “deixe de xogar politicamente coas residencias” e inicie canto antes a construción das de Portomarín e Folgoso do Courel. Os populares farán esta petición logo de que Darío Campos incluíse na orde do día do Pleno deste mércores unha modificación orzamentaria que leva consigo a construción destas instalacións por parte do organismo provincial e non por parte de SUPLUSA, tal e como xa estaba acordado.

 

Trátase, por tanto, segundo subliña Candia, “dunha maniobra política máis do Goberno provincial coa que pretende desviar o cumprimento dos acordos aprobados e así vaciar de competencias á Sociedade Urbanística”. Tendo en conta este cambio, a voceira popular preguntáralle ao presidente “cal será o papel que xogará no futuro SUPLUSA, pois foi moito o diñeiro público empregado en varias das residencias xa rematadas, pero o futuro segue a ser incerto”, indica.

 

“Inicialmente, a construción e a xestión dende 2010 levaríaa a cabo a Sociedade Urbanística e, a tal fin, se lle facía unha encomenda de xestión. Posteriormente, solicitaban a concertación de prazas á Xunta de Galicia e esta administración falou con claridade pedindo a súa inscripción no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. Agora, o presidente plantexa esta modificación sen concretar nada tampouco. En definitiva, o futuro segue a ser incerto”, critica a voceira popular.

 

Neste senso, e dado que, ademais, foi o presidente o que recoñeceu que debía deixar de presidir SUPLUSA por incompetencia propia, recoñecendo a ineficacia na xestión e apoiando así o cambio na presidencia, o Partido Popular solicitará este mércores a Darío Campos “que deixe de facer vítima das súas liortas á institución que preside” e que cumpra os compromisos relativos ás residencias nestes dous concellos, sobre todo, cando o 29 de marzo de 2016 se aprobou unha modificación do Orzamento para ese ano, vía suplemento de crédito, na que se incluída a cantidade de 1,5 millóns de euros destinados ao inicio da construción e equipamento de residencias como as de Portomarín e O Courel.

 

É dicir, “os pasos están todos dados para que estas infraestruturas fosen xa iniciadas hai máis dun ano”. Por este motivo, “e porque cremos que xa está ben de que os seus desencontros internos prexudiquen gravemente á Institución e aos lucenses, pediremos este mércores que, primeiro, cumpran os compromisos asumidos e, segundo, que procedan á súa apertura no menor tempo posible, xa que, entendemos, que os veciños de Portomarín e de Folgoso do Courel non merecen este desleixo por parte do presidente da Deputación e do seu Goberno”.

 

Por todo elo, e porque os veciños desta provincia “están sendo utilizados como arma política dun Goberno sen rumbo e máis centrado nos seus problemas de Partido que en dar unha solución aos problemas da provincia”, o grupo provincial do PP demandará do Executivo provincial axilidade na execución das dúas instalacións, pois son dous concellos cuxa poboación supera amplamente os 65 anos. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos 1.528 habitantes de Portomarín, 606 superan esta idade, é dicir case o 40% e, no caso, do Courel, do 1.060, 461 están na franxa na terceira idade; é dicir, o 44%.

 

Explicación para as persoas seleccionadas

Elena Candia considera que é necesaria tamén a apertura desas instalacións polas persoas que esperan unha praza, así como polas que foron seleccionadas por SUPLUSA en plena campaña das municipais para traballar nelas. “Non se pode xogar así coas persoas. Isto é crear falsas expectativas e enganar a esta xente”. E é que xa pasaron dous anos dende que se celebrou o proceso selectivo, pero os seleccionados “nin saben cando van poder traballar, nin onde, nin nada de nada”. E é que xa pasaron dous anos dende que se celebrou o proceso selectivo, pero os seleccionados “nin saben cando van poder traballar, nin onde, nin nada de nada”. “Despois presumen de crear emprego, pero o que se demostra é que o fan sempre en períodos electorais co fin de conseguir votos e, unha vez pasado isto, si te he visto, no me acuerdo”, sinala.

 

En definitiva, engade, “non podemos permitir que se utilice así aos maiores que do Courel e Portomarín agardan unha praza e coas persoas que, estando nunha situación de desempregados, aspiran a traballar na praza que se gañaron. Cremos que non pedimos nada extraordinario, só pedimos que o Goberno da Deputación cumpra a súa palabra”, insiste a voceira do PP.