Partido Popular de Lugo

Carlos Armesto, novo presidente do PP de O Saviñao logo de que a súa candidatura acadase o apoio masivo da afiliación

O SAVIÑAO, 22 de xullo de 2017.- Carlos Armesto proclamouse este sábado novo presidente do PP de O Saviñao logo de que a súa candidatura acadase o respaldo masivo da afiliación deste municipio da Ribeira Sacra. Foi no congreso, que estivo presidido pola presidenta provincial, Elena Candia, e no que participaron outros cargos orgánicos do Partido. Foi o caso do secretario de organización Daniel Vega que, tal e como indican os estatutos da formación, actuou de secretario xeral debido a que o actual concorría ao proceso local.

 

Deste xeito, Armesto asume o liderado da agrupación local, substituíndo a Joaquín González González, que foi nomeado presidente de honra. Trátase dunha distinción, indicou o novo elixido, “merecida e xusta a tantos anos de dedicación e entrega ao PP de O Saviñao”. Neste senso, ademais de ser un xesto “cariñoso”, é un recoñecemento que recollen os estatutos da formación política e que o novo presidente quixo facer co seu predecesor no cargo como gratitude “ao extraordinario compromiso que Joaquín sempre tivo co Partido”.

 

Carlos Armesto incorpora así unha nova responsabilidade á súa traxectoria política. Na actualidade, ademais de secretario xeral do PP provincial e deputado na institución luguesa, tamén é tenente alcalde deste municipio dende 1.991. Ademais da súa ampla traxectoria na actividade municipal, destaca por ser unha persoa moi vinculada con esta formación política, pois é afiliado da mesma dende 1.990.

 

Candidatura ao completo

A candidatura ao completo presentada polo novo líder e respaldada amplamente polos afiliados do PP local está integrada por 17 persoas; “un equipo, subliñou Elena Candia, dos mellores, e que ten un presidente e un presidente de honra do mellor”. Deste xeito, ademais de Carlos Armesto e de Joaquín González, o resto de integrantes son os seguintes: secretaria, Beatriz Rois Castro; coordinadora do Sector Primario, Sonia García Rodríguez; coordinadora de Xuventude e Comunicación, María Jesús Sánchez López; e vogais: José López Díaz, Jose Antonio Varela Losada, José Antonio Curto Méndez, Miguel Teijeiro Rodríguez, Luis Antonio Rois López, Juan José Vázquez Rodríguez, Rocío López López, Fernando Rodríguez Vea, María Luisa Mariño Fernández, Manuel Losada Rodríguez, Jorge Rodríguez Rodríguez, María Loreto González Díaz.

 

Reforzando o Partido

Con este congreso, a dirección provincial continúa a reforzar o Partido por toda a provincia. Deste xeito, O Saviñao súmase a outros celebrados recentemente, e que corresponden ás agrupacións de Cervo, Ourol, Xermade, Lugo, Cervantes e A Pastoriza e que lideran Alfonso Villares, Carlos Ríos, Antonio Riveira, Ramón Carballo, Javier Santín e Luis Cabado, respectivamente.